Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Festival de Nadal 2020

Xa está dispoñible o festival de Nadal do Divino Maestro de Santiago de Compostela!



Dous mil vinte, este ano tan inusual que definimos con inquedanza, tristeza, incerteza e medo chega ao seu fin. Un ano que trastocou a todos e todas dun modo ou outro, obrigándonos a cambiar plans, a adaptarnos a unha vida sen apertas e sen apenas contactos. Un ano no que tivemos que reinventarnos, lanzando bicos a través dunha pantalla, reuníndonos cos amigos a través dun balcón, aprendendo e educando coa distancia de por medio. Por iso nesta festividade tan importante para nós, o Nadal, seguimos reinventándonos e queremos facervos chegar o amor, a alegría e a esperanza dos vosos fillos, fillas, sobriños, netas, irmáns... a partir dos contos, cancións, representacións e bailes que idearon neste festival de Nadal online. Tende unhas boas festas e disfrutade do festival tanto coma eles.

Bo Nadal!

 



« Volver al listado
Divino Maestro 2021