Lema pastoral
O lema pastoral do curso 2020-2021 é: Tú lo llenas todo (Ti en todo).
Pincha na imaxe para acceder ao vídeo musical.
ID Y ENSEÑAD
“Nosotros le hemos visto y oído. Lo que hemos contemplado, lo que nuestras manos han tocado del Verbo de la Vida os testificamos, os anunciamos”
(1 Jn 1, 1-3; 2Cor 3,17-18).
Facebook, Twitter, Instagram, Snapchat… son nomes que hai non moito tempo nos sonarían a chinés, pero que hoxe forman parte de visitas virtuais cotiás. Se trátase de redes sociais, que cada vez máis están presentes nas nosas vidas. É unha nova forma de relacionarnos que este mundiño de internet nos vai ofrecendo. Todo se enche de 'likes', followers e reproducións en YouTube.
No entanto nesta era da comunicación pódesenos colar un pouco a soidade. E non se nos pode esquecer que necesitamos dos outros para descubrir quen somos realmente. Pero non polos comentarios que poñamos, ou que nos poñan, senón por como nos relacionamos e como nos entendemos a nós mesmos.
Durante estes últimos anos a nosa actitude foi un deixarnos enchoupar por todos os lemas pastorais: escoitando a súa voz, achegándonos a El e sentindo que está en cada un de nós e en cada un dos que me rodean. Foi máis ben unha actitude estática, un encontro, unha experiencia chea de sorpresas que ano tras ano nos foron falando ao corazón. Pero chegou o momento no que debemos poñernos en movemento, dar un pulo adiante, ensinar na nosa escola valores do evanxeo para a construcción dun mundo mellor. Debemos saír, correr a toda présa para retuitear a súa mensaxe. Facela viral.
É o momento de botar as redes, de crear redes que conecten unhas con outras, de engancharse ao bo que ten a vida, debemos ser pescadores de boas maneiras, do bo facer, da construción dunha escola viva e que latexa pola construcción do Reino de Deus. Este curso tentaremos ter o corazón aceso co cariño aos demáis, de pasar pola vida retuiteando a mensaxe de Xesús, facéndoo viral. Cada quen forma parte diso, camiñando xuntos cara a unha meta común: unha escola de vida e para a vida.
Benvidos ao novo curso!!!
Elena Millán (Dpto. de Pastoral)
DER
A formación relixiosa e moral católica pretende contribuir á formación integral do alumno, desenvolvendo especialmente a súa capacidade trascendente, facilitándolle unha proposta de sentido para a súa vida e iluminando o fundamento de aqueles valores comúns que fan posible unha convivencia libre, pacífica e solidaria.
Non podería existir unha formación integral se non se desenvolvesen todas as capacidades inherentes ao ser humán, entre as cales encontrase constitutivamente a capacidade transcedente. A ensinanza relixiosa pretende contribuir así á calidade da educación, coa proposta e desenvolvemento dos coñecementos, valores e actitudes que conforman o currículo.
O Departamento de enseñanza relixiosa do Colexio Divino Maestro nace a carón do Departamento de Pastoral, ofrecendo un sentido teolóxico-trascendente aos obxectivos, as liñas de acción e as actividades deste Departamento. Os profesores que forman parte deste Departamento son todos aqueles que imparten a materia nas etapas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.
Obxectivos:
Orientación
Seguindo a lexislación vixente a labor orientadora debera propiciar os mecanismos e canles necesarios para o desenvolvemento persoal, educativo e profesional dos alumnos a través dás axudas, provisións técnicas e os asesoramentos necesarios á labor docente. Ó efecto concíbese como un recurso necesario para a inclusión e para a mellora da intervención educativa a fin de que a atención á diversidade se realice dentro duns parámetros de auténtica calidade.
Así á súa vez recollido no documento de referencia para orientación para os centros Divino Maestro, ponse en valor a función orientadora como “acompañamento respetuoso, estimulante e suxerinte que lles axude a desenvolver todas as súas posibilidades”.
Cobra unha especial relevancia neste senso o conxunto da comunidade educativa (profesores, alumnos, familias, servizos externos, etc.) que, dende unha perspectiva de colaboración e axuda sistemática, deben asumir distintas responsabilidades no concernente ó desenvolvemento integral dos alumnos e alumnas, atendendo por igual ás súas facetas persoal, ambiental ou académico-formativa (procesos de ensino-aprendizaxe). Ó respecto a orientación educativa deberá asesorar na posta a disposición da comunidade educativa dos medios ou recursos necesarios para garantir os principios de calidade e equidade dos sistemas educativos.
É polo cal as distintas actuacións do Departamento de orientación non se poden concibir illadamente, e si pola contra de xeito coordinado e asumido polo conxunto da comunidade educativa. Supón pois ó efecto valorar a natureza das accións e medidas a desenvolver, a identificación de responsabilidades e a súa imbricación na estrutura educativa, posibilitando en calquera caso unha toma de decisións axustada á realidade e ás necesidades que dunha resposta educativa individualizada se derivan.
Podemos pois a modo de liñas prioritarias de actuación identificar como ámbitos ou plans de acción en termos de programas específicos, os descritos nos apartados:
CURSO 2019-2020
Descarga aquí uns recursos para infantil e primaria dedicados á Virxe María.
Misioneiro-Misioneira… ACTÍVATE!
Como cada ano, a familia Divino Maestro Santiago, móstrase preto daquelas persoas
que máis o precisan. Neste caso, os nosos amigos e amigas de Venezuela.
Este país, está atravesando unha crise que fai que alimentos e medicamentos non
poidan chegar a moitas das casas.
Tanto a alimentación como as diferentes medicacións, fan que todas as persoas
teñamos calidade de vida e manteñamos a esperanza.
Dende aquí, podemos axudar de diferentes formas: unha delas é mostrando que
estamos con eles e elas, que lles damos ánimo, enviamos bonitos sorrisos e escribimos
mensaxes con palabras de cariño e alento.
Activádevos! Enviade, ao longo da semana, unha foto cunha mensaxe para todos os
nenos e nenas de Venezuela co #Actívate a esta dirección:
pastoral.divinomaestrosantiago@gmail.com
Que nos sintan ao seu carón, que saiban que estamos preto, que somos compañeiros e
compañeiras e desexamos o mellor para todos.
Xuntos sumamos. Xuntos formamos un bo equipo.
Xuntos alentamos a esperanza.
Preme aquí para ver unha presentación informativa sobre a Semana Misioneira 2020.
Como todos os cursos por estas datas o Grupo de Teatro Divino Maestro colabora coa Campaña Misoneira, realizando o que mellor sabe facer, ACTUAR, e neste curso tivemos que adaptarnos ás novas circunstancias pero a nosa creatividade e imaxinación continúa en acción.
Aquí tedes a mostra, esperamos que vos guste o vídeo e gocedes un ano máis destes marabillosos artistas: preme aquí.