O 14 de marzo de 2020 decretouse un estado de alarma en todo o país como consecuencia dun virus denominado SARS-CoV-2 que producía a enfermidade COVID-19. O ámbito educativo tamén se viu afectado polas medidas do estado de alarma, suspendéronse as clases presenciais restantes do curso 2019-2020 (pasándose a unha educación telemática) e comezaron a definirse normativas e protocolos para asegurar unha volta segura ás aulas no curso 2020-2021.
Índice 1. Equipo COVID e documentación de centro relativa á COVID-19 2. Normativa oficial relativa á COVID-19 no ámbito educativo |
ESPACIO
Equipo COVID e documentación de centro relativa á COVID-19
Correo electrónico do equipo COVID: covid@divinomaestrofesantiago.com
O equipo COVID do Divino Maestro de Santiago de Compostela está formado por tres membros do claustro: Óscar Luis Pollán Somoza, Elena Millán Penide e Carmen del Valle Varela. Para coñecer as súas funcións e as medidas a tomar no presente curso podes revisar o seguinte documento:
Ademais, para facer máis accesible e dinámica a información, o equipo COVID creou a seguinte presentación do Protocolo COVID do Divino Maestro de Santiago de Compostela, coa que podes interactuar:
O protocolo pode sufrir modificacións segundo transcurra a situación sanitaria, polo que estade atentos e atentas á aplicación de comunicacións TokApp, ás redes sociais (Facebook Colexio Divino Maestro) e a esta páxina web para estar informados dos últimos cambios.
Lista de documentación do centro relativa á situación sanitaria:
ESPACIO
Normativa oficial relativa á COVID-19 no ámbito educativo