Índice 2. Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar |
khkhjhj
Lista de libros de texto e material
Consulta a información dos libros de texto do curso 2022-2023 premendo no curso correspondente:
kgkjhkj
Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar
No DOG do día 18 de maio de 2022 publícase a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.
Prazo de presentación de solicitudes:
Nota informativa: O Centro participa no proxecto de educación dixital (E-Dixgal) para 5º e 6º EPO e 1º e 2º ESO no curso 2022/23. O alumnado matriculado neses cursos está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto e poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na Orde.
Para máis información do citado, inclúese un enlace á web da consellería onde está publicada a convocatoria e un arquivo descargable dos anexos I (Formulario de solicitude) e anexo II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar) da Orde:
Para calquera dúbida podedes contactar no correo secretaria@divinomaestrofesantiago.com ou preguntando polo secretario no teléfono do centro (981522289)
kjhk
Banco de libros do Divino Maestro
O Banco de libros do colexio está conformado por donacións das familias (xunto cos libros que sobren do Fondo de libros). Sempre nun estado óptimo para a súa reutilización, por este motivo o número de exemplares é limitado (diferente por materias e/ou cursos). Preme aquí ou no seguinte enlace para solicitar participar no Banco de libros do colexio. A data límite de cubrir o formulario é o 15 de xullo do 2022.
ljljljljl