Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Comunicados do centro

COMUNICADO Nº 41 (Luns, 22 de febreiro de 2021)

DÍA DE ROSALÍA 2021
Celebración do 184 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. 24 de febreiro de 2021.

Prezadas familias:
Este curso volvemos pór en marcha o "Caldo de gloria", unha iniciativa inspirada no poema Miña casiña meu lar, na que a poeta explica como facer o caldo.
Por mor da situación da pandemia que padecemos, desta volta, convidámosvos a que o fagades nas vosas casas, para compartilo cos vosos conviventes, acompañándoo coma sempre coa lectura de poemas rosalianos.

  • Como facelo:

Cada familia poderá comer o caldo na súa casa, ler o poema citado ou outros poemas acompañado con música ou como consideredes oportuno, de forma voluntaria e con creatividade e enviando logo un video ao seguinte correo:

dinamizacion@divinomaestrofesantiago.com

O caldo podedes facelo o propio día 24 ou calquera outro día da semana.

A data final de envío do video será o día 1 de marzo.
Así que coma sempre facedes botádelle imaxinación. O poema de Follas Novas, Miña casiña, meu lar conta a épica diaria dunha muller pobre que chega a casa mollada e esfameada que consegue o milagre da sobrevivencia cun humilde caldo de gloria e un bolo do pote. Ao pé da quentura da lareira no seu fogar, está tamén a lección de como con ben pouco o ser humano é quen de superar as dificultades e ser feliz.


Enviamos nestes adxuntos as receitas e o mantel de Caldo de Gloria por si queredes poñelo nos vosos fogares.

Unha aperta,

Equipo de Dinamización da Lingua Galega.


COMUNICADO Nº 40 (Xoves, 4 de febreiro de 2021)

Estimadas familias:
Achégase o Entroido! Este ano non podemos organizar a festa da Anpa, pero iso non nos vai impedir gozar desta celebración.
Propoñémosvos un concurso de disfraces para dar renda solta á creatividade. A temática é libre e haberá dúas categorías:

  • Individual: só poderán participar as alumnas e alumnos do centro.
  • Familiar ou grupo: participan nesta categoría dúas ou máis persoas disfrazadas.

Contaremos cun xurado de excepción: o actor, guionista e monologuista Federico Pérez, coñecido, polo seu papel de Moncho na serie da TVG "Era Visto!" ou de Josito en Padre Casares, entre outros moitos.

Todas as persoas interesadas en participar deberán enviarnos a súa fotografía antes do Martes de Entroido, 16 de febreiro as 23.45 horas, ao correo da Anpa: anpacodima@gmail.com. As fotografías publicarémolas na páxina de Facebook da Anpa.

Adxuntamos as bases do concurso e animámosvos a participar!

ANPA DIVINO MAESTRO Santiago de Compostela.


COMUNICADO Nº 39 (Xoves, 4 de febreiro de 2021)

Estimadas familias:

Con motivo da celebración do 75 aniversario da fundación da Congregación das Misioneiras do Divino Maestro, elaboráronse materiais conmemorativos: camisetas, polos, pulseiras usb e editouse un libro sobre a vida dos fundadores cuxo título é "La inspiradora historia de Francisco y Soledad" contado aos nenos.

Dicirvos que as/os vosas/os fillas/os levan unha nota de solicitude de pedido. Hai stock destes materiais. Venderanse ata fin de existencias. Os polos e as camisetas, poderán usarse como parte do uniforme.

Todas as familias que queirades adquirilos, deberedes anotarvos na folla de pedido e entregalo na portería ou a través das vosas/os fillas/os. Cando o pedido estea preparado chamarémosvos para recollelo e facerdes o pagamento (en sobre pechado e coa cantidade exacta).
Animádesvos a compartir unha destas prendas e tanxibles que lembran este feito histórico na nosa Comunidade Educativa.

O equipo directivo.


COMUNICADO Nº 38 (Mércores, 13 de xaneiro de 2021)

Estimadas familias:

Voltamos de novo para seguir construindo xuntos. Espero que puiderades descansar neste tempo de Nadal.

O motivo desta comunicación é informarvos que este venres día 15 de Xaneiro é moi especial para a comunidade educativa do Divino Maestro. Clausúrase o 75 aniversario da Congregación das Misioneiras. Temos moito que agradecer por todo o camiño percorrido grazas aos fundadores primeiro e a todas as relixiosas por todo o esforzo que levaron adiante por chegar ata aquí.

Se as circunstancias fosen diferentes sería un gran evento en Ourense-Montealegre, con outros colexios e compartindo actividades xuntos pero a situación epidemiolóxica non o permite. Non por iso imos deixar de participar e queremos celebrar este día.

Para iso desde a Fundación educativa realizarase unha Eucaristía Solemne que vai a ser retransmitida en directo por streaming. Será ás 11:15 horas. No colexio os vosos fillos e fillas van participar en actitude de escoita e realizando diferentes actividades dos Fundadores ao longo da mañá.

Deben vir vestidos de uniforme xa que participaremos e sacaremos fotografías xuntos para o recordo.

Para poder visionar a Eucaristía na páxina web, no apartado de NOVAS ou en ULTIMAS NOTICIAS na portada principal tendes que premer na imaxe para acceder ao canal de Youtube.

Sen máis, recibide un cordial saúdo.

O equipo directivo.


COMUNICADO Nº 37 (Martes, 12 de xaneiro de 2021)

Bo día:

Dende onte día 11 de xaneiro e ata o vindeiro 8 de febreiro ábrese o procedemento de solicitude de praza para os centros de adscrición (que no noso caso é o IES Eduardo Pondal). No caso de non querer solicitar praza nese centro o periodo de solicitude é do 1 ao 20 de marzo (irémosvos informando)

Mañá na hora de titoría o titor entregaralles aos alumnxs de 4º de ESO o impreso de solicitude.

Esta solicitude podedes entregala cuberta na portería do centro, a través dxs alumnxs entregándolla ao titor ou ben cubrila e enviala ao correo secre.divinomaestrosantiago@gmail.com

Tamén podedes entregala mediante o portal da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED550A).

Envíovos aquí tamén a solicitude en pdf.

Atentamente,

Secretaría
Divino Maestro Santiago


COMUNICADO Nº 36 (Martes, 22 de decembro de 2020)

Estimadas familias:

Remata o trimestre e con iso todas as ilusións dun comezo de curso totalmente novo. Todo se nos puxo patas arriba pero fomos capaces de loitar e sair adiante. Felicidades a todos polo traballo diario, polo coidado e pola sensibilidade. Debemos seguir así sentindonos familia e coidándonos mutuamente.

Vos enviamos un vídeo e unha felicitación de Nadal. Que estas datas, cheas de tenrura do amor de Deus nos iluminen para o camiñar de cada día.


Vídeo felicitación Nadal

Felicitación Nadal Divino Maestro


Aproveito para comunicarvos que na web do centro, no apartado de NOVAS ou directamente na páxina principal no apartado de últimas noticias poderedes disfrutar do Festival de Nadal que tanto os mestres coma os alumnos fixeron con gañas e esforzo ante a situación complicada que estamos vivindo. Grazas por todo.

Desfrutade moito en familia, coidádevos e descansade.

Volvemos o día 8 de xaneiro do 2021 co mesmo horario de sempre.
Recibide unha forte aperta chea de agarimo.

O equipo directivo.


COMUNICADO Nº 35 (Venres, 18 de decembro de 2020)

Estimadas familias.

Xa a piques de rematar o trimestre, comunicámosvos cando se farán públicas as calificacións finais deste trimestre dos vosos fillos/as, que poderedes ver a través da aplicación abalarmovil.

  • Educación Infantil: Luns 21 de decembro ás 13:00 horas
  • Educación Primaria: Luns 21 de decembro ás 14:00 horas
  • Educación Secundaria: Martes 22 de decmbro ás 19:00 horas

Se tedes algunha complicación coa aplicación non dubidedes en poñervos en contacto cos titores dos vosos fillos e fillas.

Lembrade que o día 22 remata o 1º trimestre. En breve tamén vos comunicaremos o enlace para poder disfrutar do festival de fin de curso que están a facer todos con moita ilusión e esforzo.
Un saúdo agarimoso.

O equipo directivo.


COMUNICADO Nº 34 (Venres, 11 de decembro de 2020)

Estimadas familias:

Como todos os anos nestas datas tan familiares e especiales para os cristiáns, queremos seguir axudando coa nosa Campaña de recollida de alimentos. A partires do luns 14 ata o 22 de decembro, que remata o 1º trimestre poderedes achegar productos non perecedeiros. Na entrada do centro escolar hay varias cestas para poder depositalos.

De antemán, moitísimas grazas. Todos irás destinados a Cáritas, ONG que traballa con persoas vulnerables.

Por outra banda, rectificar o correo de acción evanxelizadora que estaba mal. Este é o correcto:

evanxelizadoradima@divinomaestrofesantiago.com

Aí poderedes enviar as fotograffias da vosa tradicional cea solidaria.
Recibide un agarimoso saúdo.

O equipo directivo .


COMUNICADO Nº 33 (Venres, 4 de decembro de 2020)

Estimadas familias:

Lembrade que o vindeiro luns dia 7 é o día do Ensino segundo marca o calendario escolar deste curso e o martes dia 8 celébrase o día da Inmaculada. Polo que desde o centro educativo desexámosvos un bo periodo de descanso dentro das posibilidades de cada familia.

Vémonos entón o mércores día 9 de decembro para afrontar a recta final deste ano tan duro e complicado para todos.

Aproveitamos para agradecer toda a vosa dispoñibilidade e boas actitudes co centro en aspectos tan importantes coma a COVID. Sigamos remando xuntos e sentíndonos familia sen deixar de coidarnos uns aos outros.
Descansade todo o que poidades e recibide un cordial saúdo.

O equipo directivo.


COMUNICADO Nº 32 (Xoves, 3 de decembro de 2020)

Queridas familias:
Buenos días! Qué tal? Cómo estáis?

Esperamos que vosotros/as y vuestras familias estéis muy bien, y desde los GDM os mandamos un fuerte abrazo.

Es esta ocasión, nos ponemos en contacto, para informaros sobre una pequeña propuesta vía online que pretendemos hacer los sábados 5, 12 y 19 de diciembre aprovechando un tiempo tan especial de preparación, de reflexión, de conocerse a uno mismo...en la que pretendemos más que nunca sentirnos cerca y celebrar y compartir conjuntamente el nacimiento de Jesús como familia GDM.
Dicha propuesta se llevará a cabo a través del blog
conectateagdm.blogspot.com en el que se subirá cada sábado todo el material en relación a las actividades propuestas.
Talleres, recetas de cocina, creación de relatos, música...para los más peques, y dinámicasvía online in situ, a través de diversas plataformas (zoom, google meets o similar) para los chicos/as más mayores (de 3ºESO en adelante).
Para participar no tenéis más que entrar en el blog cada sábado y estar atentos a nuestras redes sociales dónde informaremos de todas las novedades. ¿Estáis listos/as para participar?

Un saludo.

Grupos Divino Maestro

Santiago de Compostela
Correo:
gdm.santiago@gmail.com
Intagram: gdm_santiago
Facebook: @gdmcompostela


COMUNICADO Nº 31 (Mércores, 2 de decembro de 2020)

Queridas familias:
Como todos os anos, queremos convidarvos a unha cea moi especial o xoves 10 de decembro.
Este ano 2020, debido as circunstancias que estamos a vivir non poderemos estar xuntos, pero non por iso deixaremos de estar presentes.

Para iso, vos invitamos a elaborar este menú tan exquisito nas vosas casas: patatas, atún, pan e auga. Como tradicionalmente faciamos na escola.
Se queredes participar só haberá que responder o seguinte a este tokapp:

"A nosa familia participa desta CEA e facemos unha achega solidaria".
As achegas débense entregar aos titores en sobre pechado e serán destinadas ás misións dos nosos colexios.
A data límite será o venres 4 de decembro.
Todos os que participedes recibiredes un pequeno agasallo que enviaremos polos vosos fillos.

Animádevos a participar e que a pandemia non nos pare!!!
Recibide un cordial saúdo.

O equipo de acción Evanxelizadora.


COMUNICADO Nº 30 (Luns, 30 de novembro de 2020)

Estimadas familias:

Como ben sabedes o venres 27 de novembro, rematou o prazo para solicitar a participación no procedemento de distribución de máscarillas.

Mañá Martes a partires das 12:30 horas publicarase a listaxe provisional no interior do centro educativo.

Tede en conta que, todos aqueles que fóchedes beneficiarios da axuda de material escolar xa tedes dereito a elas porque a baremación da renda é a mesma.

Haberá 2 días, mércores 2 e xoves 3 de decembro para reclamacións e o luns a partir das 9.00 horas sairá a listaxe definitiva.

Se vos comunicará a semana próxima, como se procederá para a distribución das mascarillas.
Sen mais recibide un afectuoso saúdo.

O equipo directivo.


COMUNICADO Nº 29 (Martes, 17 de novembro de 2020)

Estimadas familias,

Informámosvos de que na nosa canle de YouTube tendes á vosa disposición á charla que celebramos o pasado 10 de novembro coa Doutora Susana Rey, xefa de sección da UCI Pediátrica e Urxencias do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), para axudar as familias a resolver as dúbidas ao redor da Covid-19 e a súa prevención.

A ligazón de acceso á mesma é a seguinte:

CHARLA COA DOUTORA SUSANA REY

Animámosvos a que nos enviedes ao noso correo calquera tema que vos interesaría que abordásemos en futuras charlas. Lembrámosvos o noso enderezo: anpacodima@gmail.com

Saúdos cordiais,

ANPA.


COMUNICADO Nº 28 (Luns, 16 de novembro de 2020)

Estimadas familias: a continuación vos detallamos a seguinte orde que sacou a Consellería para a distribución de máscaras:


ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).


Destinatarios das axudas:

  • O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020-2021, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020. Este alumnado NON TERÁ QUE PRESENTAR A SOLICITUDE, adquire automáticamente o dereito ás máscaras.
  • O resto do alumnado que non presentou no seu momento a solicitude de axudas para material escolar ou quedou excluído, poderá presentar a solicitude correspondente, sempre que se cumpran estes requisitos: a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

Modelo de solicitude e prazo:

  • A solicitude formalizarase a través do modelo oficial contemplado no Anexo I da Orde. A solicitude será única para todos os fillos ou fillas, salvo que estean escolarizados en centros distintos que se presentará en cada un dos centros.


Presentación de solicitudes:

  • As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, sede.xunta.gal e que vos envío a través deste medio. En portería tamén poderedes solicitalos.

ANEXO I

Prazo para presentar solicitudes:

  • O prazo para presentar as solicitudes será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOGA (venres 13 de novembro). O último día do prazo é, o VENRES 27 de novembro.


Cando teñamos máis instrucións da Consellería, se vos comunicará a publicación das listaxes provisionais e definitivas que se farán no taboleiro de anuncios do interior do centro, pola normativa de protección de datos.

Sen máis, recibide un cordial saúdo.

O equipo directivo.


COMUNICADO Nº 27 (Xoves, 12 de novembro de 2020)

Estimadas familias:

Un ano máis, e grazas ás aportacións de tod@s os que conformamos a ANPA, poñemos, con máis ilusión que nunca, o noso gran de area nesta xornada festiva. As vosas fillas e os vosos fillos levarán hoxe para casa un agasallo doce para celebrar o Día do Divino Maestro, ao igual que o profesorado, as irmás da congregación e o persoal auxiliar do centro. Agardamos que lles guste moito e desexámosvos un moi feliz día.

Unha aperta!

ANPA DIVINO MAESTRO Santiago de Compostela.


COMUNICADO Nº 26 (Mércores, 11 de novembro de 2020)

Estimadas familias:

Envíovos en documento adxunto a información sobre o Seguro Escolar Voluntario que se oferta dende o centro:

SEGURO ESCOLAR VOLUNTARIO

Tendes ata o día 30 de novembro para solicitalo cubrindo esta solicitude e enviándoa a admon.divinomaestrosantiago@gmail.com ou ben entregala na portería do centro.

Atentamente,

Administración Divino Maestro Santiago.


COMUNICADO Nº 25 (Mércores, 11 de novembro de 2020)

Estimadas familias:

Adxunto envíovos a orde de domiciliación do pago do seguro escolar obligatorio de 3º e 4º da ESO tal como indica a normativa da seguridad social.

SEGURO ESCOLAR OBRIGATORIO

Debedes enviar este formulario cuberto ata o día 30 de novembro enviándoo ao correo admon.divinomaestrosantiago@gmail.com ou ben entregalo na portería do centro.O recibo enviarase ao banco no primeiros 10 días de decembro.

Atentamente,

Administración Divino Maestro Santiago.


COMUNICADO Nº 24 (Venres, 6 de novembro de 2020)

Queridas familias:

O vindeiro xoves 12 de novembro celebraremos a Festa do Divino Maestro, lembrando ao noso fundador, Francisco Blanco Nájera, consagrado bispo de Ourense no ano 1944. Este ano non poderemos facelo como é habitual, pero non por iso deixará de ser un gran día.

Para toda a comunidade Educativa é un día de festa, e como tal o celebraremos.

Non haberá Eucaristía, ainda que sí unha Celebración da Palabra nas aulas. Durante toda a semana nas entradas do Colexio soará música de festa. Queremos decorar os muros da entrada ao recinto escolar e para iso precisamos da vosa axuda. Tódolos alumnos poden traer un recordo que para eles sexa significativo do seu paso ata o de agora polo Colexio Divino Maestro. Pode ser en forma de debuxo, unha fotografía, un poema, unha frase, etc... que debe vir nun folio ou cartulina DIN A4 ( tamaño máximo) e metido nunha funda plástica.

O día da Festa os alumnos virán vestidos co chándal do colexio, e tamén poderán traer unha "media-mañá especial", xa que este ano e debido a todas as circunstancias sanitarias non podemos disfrutar da napolitana como en cursos anteriores, pero sí con algún producto envasado que achegará a Anpa e que levarán para casa.

Sen máis, recibide un cordial saúdo.

O equipo de Acción Evanxelizadora.


COMUNICADO Nº 23 (Xoves, 5 de novembro de 2020)

Estimadas familias:

Debido á situación que estamos a vivir, o centro quere estar preparado no caso de calquer confinamento. Para iso precisamos que cubrades a enquisa enviada por TokApp para así recabar información e poder axudar na medida do posible.

O prazo para cubrila remata o mércores día 11 de novembro.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

O equipo directivo.


COMUNICADO Nº 22 (Mércores, 4 de novembro de 2020)

Estimadas familias:

Desde o Equipo Directivo do centro e máis do claustro queremos darvos as grazas por todo o bo facer nesta situación tan complicada que estamos vivindo. Xa en comunicacións anteriores vos dicíamos que neste curso tocaba camiñar na mesma dirección, remar xuntos e certamente, estamos navegando ben.

Algúns de vós, non estades a vivir situacións fáciles, cada día todo se nos complica máis, simplemente desexarvos esperanza, paciencia, serenidade e fortaleza para afrontar cada día e superar as situacións que se nos van presentando.

Agradecer a puntualidade, os avisos, as comunicacións, o saber adaptarse aos horarios das entradas e das saídas... e sobretodo ao bo facer dos vosos fillos e fillas, son xeniales.

Tamén comentarvos que agora que se achega o frío, poderán traer da casa unha polar, chaqueta, poncho ou similar de cor negra ou azul marina por si o precisaran. Toca abrigarse como ben se poida porque o centro vela por garantir a saúde de toda a comunidade educativa e sabemos que a ventilación nas aulas é primordial. Facemos esta ventilación cruzada con sentido común e ventilando como nos marca o protocolo da Consellería. O profesorado está moi implicado traballando na concienciación e sensibilización co alumnado para manter as medidas necesarias ante a situación na que nos atopamos e que non se relaxen nas mesmas.

Para calqueira comunicación ante a situación COVID-19 das familias podedes enviar un correo a covid.divinomaestrosantiago@gmail.com ou chamar por teléfono ao centro (981522289) preguntando por Elena (directora xeral), Sindo (director pedagóxico) ou polos mestres Carmen ou Óscar como integrantes do equipo Covid, ou mesmo deixar aviso para que vos chamemos.

Lembrade que calqueira dúbida que teñades ante a situación Covid, non dubidedes en transmitila xa que tamén temos á nosa disposición un Centro de Saúde de referencia ao que lle podemos consultar as vosas inquedanzas.
Sen máis, coidarvos moito e adiante.

O equipo directivo.


COMUNICADO Nº 21 (Venres, 30 de outubro de 2020)

Estimadas familias:
Debido ao peche perimetral pola expansión da COVID-19 en varias cidades da Comunidade Autónoma de Galicia, o centro enviará hoxe a través dos vosos fillos e fillas un certificado de matrícula por si vos fai falta para trasladarvos ao centro educativo.
Un saúdo.

O equipo directivo.


COMUNICADO Nº 20 (Xoves, 22 de outubro de 2020)

Queridas familias:

Esperamos que todos os encontréis bien de salud y que hayáis empezado con buen pie el curso 2020-2021.

Este va a ser un curso difícil, en el que todos vamos a tener que poner mucho de nuestra parte para que sea posible la estabilidad deseada, tanto a nivel escolar y profesional, como también emocional. Pero todos los departamentos del colegio estamos haciendo un gran esfuerzo porque vuestros hijos/as se sientan como en casa, cuidados, protegidos y guiados educativamente. Además, lo hacemos con una enorme alegría: teníamos muchas ganas de volver a verles.

Sabemos que la conciliación familiar juega un papel muy importante siempre pero este curso, más si cabe. También sabemos que existen muchas propuestas fuera del centro para compatibilizar vuestros horarios con los de vuestros hijos/as y/o para complementar su formación, y que están a vuestra disposición. Pero, dadas las circunstancias, no queremos dejar de ofreceros desde aquí una propuesta que nos ha llegado por parte de Activa, empresa que lleva 30 años trabajando en el sector, organizando y gestionando servicios educativos en colegios de todo el territorio nacional; probablemente muchos de vosotros ya la conozcáis.

Se trata de una propuesta de formación online para todas las etapas educativas, que nos ha parecido interesante por varias razones que os detallamos:

Activa es una empresa seria que ofrece garantía, calidad de servicio, experiencia, soporte técnico, y un seguimiento pedagógico de los alumnos/as.
Ofrecen una amplia variedad de actividades dentro de 5 bloques, pudiendo elegir aquellas que os parezcan más atrayentes para vuestros hijos/as: Idiomas, actividades de pensamiento y lógica, programación y creatividad, actividades relacionadas con música y artes escénicas y, por último, actividades de artes plásticas y audiovisuales.
Organizan los grupos por edades y niveles, asegurándose de que los alumnos/as están en el grupo correcto mediante pruebas previas.
Cuentan con un profesorado cualificado y con experiencia, formado específicamente para impartir materias online.
Y la más importante, se trata de una propuesta online de una empresa especialista en educación, por lo tanto, segura para nuestros alumnos/as (Covid-free).

Por supuesto, sentíos libres de sumaros a esta iniciativa o no, pero no podíamos dejar de ofreceros algo que nos ha parecido un servicio realmente interesante y, dadas las circunstancias, necesario.

Os adjuntamos información más detallada y datos de contacto, por si fuera de vuestro interés.

Circular colegio a familias - Información Activa Online

Flyer Activa Online Curso 2020-2021

Un saludo y ánimo.

Administración Divino Maestro Santiago


COMUNICADO Nº 19 (Xoves, 22 de outubro de 2020)

Estimadas Familias:

Acabamos de pasar o domingo do DOMUND (18 de outubro) co lema "Aquí estou, envíame". Creo que, para os que temos a misión metida no corazón, non hai mellor momento para darnos conta de que todo xesto, toda axuda, toda oración, por pequena que sexa pode ter una grande repercusión nos nosos alumnos, nos vosos fillos.

Este ano non ten porqué ser diferente. Por iso poñeremos a vosa disposición (ata finais deste mes de outubro) uns petos para quen queira contribuir. Estarán nas aulas e nas entradas do colexio.
Graciñas

O equipo de Acción Evanxelizadora.


COMUNICADO Nº 18 (Luns, 13 de outubro de 2020)

Estimadas familias:

Mañana miércoles 14 celebraremos la Asamblea del AMPA a las 19,00 horas, que en esta ocasión será online, a través de Zoom. Necesitamos que los/las que queráis asistir, nos enviéis un mail con vuestro teléfono al correo anpa.dimasantiago@yahoo.es para que os enviemos el link y la contraseña para la reunión. Os animamos a asistir a esta cita.

Saludos cordiales.

AMPA


COMUNICADO Nº 17 (Martes, 29 de setembro de 2020)

Estimadas familias:
Nos ponemos en contacto con vosotros para comunicaros novedades que afectan a la directiva del AMPA. Hasta este curso nuestra asociación estaba presidida por Nuria Castro-Acuña, que actualmente ya no forma parte de nuestro centro y, por tanto, ha cesado en sus funciones de presidenta.

En consecuencia, tal y como marcan los Estatutos de la Asociación, convocamos a todos/as los/as asociados/as a una Asamblea General Ordinaria y Extraordinaria para el 14 de octubre, a las 19,00 horas en primera convocatoria y a las 19,05 horas en segunda. Dadas las circunstancias actuales provocadas por la pandemia del Covid-19, y siguiendo las recomendaciones sociosanitarias, esta reunión se llevará a cabo de manera telemática a través de Zoom, para la que se enviará el enlace con anterioridad a la misma a través de TokApp.

En la Asamblea General Ordinaria se abordará el siguiente orden de día:

  1. Lectura y aprobación, si procede, del acta de la sesión anterior.
  2. Resumen de las actividades realizadas por el AMPA durante el curso 2019-2020.
  3. Próximas actuaciones AMPA
  4. Presentación del estado de las cuentas
  5. Ruegos y preguntas.


A continuación, conforme al artículo 20 de nuestros Estatutos, se convoca Asamblea General Extraordinaria para tratar el siguiente punto:

Divino Maestro 2021