Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Obradoiros para o confinamento. Museo de Historia Natural.

O Museo de Historia Natural (MHN) da USC comeza hoxe unha programación de obradoiros para o confinamento.



A partir de hoxe comeza unha programación de Obradoiros para o confinamento dispoñibles na web do Museo de Historia Natural (mhn) da USC e nas súas redes sociais:

 

"Estes días poden chegar a ser moi complicados, en especial para os máis pequenos das casas. Así, desde o MHN queremos aportar a nosa colaboración e presentar estas actividades dirixidas aos nenos e nenas da familia. Cada publicación contén unha actividade manual, unha ficha informativa e preguntas sobre o tema a tratar. Animamos tamén a todos a enviar unha fotografía dos seus traballos para compartir nas nosas redes sociais".

 

Todas as actividades estarán dispoñibles para descargar na web de MHN en formato PDF. A primeira das actividades xa está dispoñible e a podes descargar dende aquí:

"Os caracois no noso xardín"



« Volver al listado
Divino Maestro 2024