Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Oferta educativa

O lema principal do Colexio Divino Maestro Santiago de Compostela dende a súa fundación mantense estable no tempo: "O alumno é o centro da educación". Por iso, a primeira labor do noso centro é a de crear un ambiente familiar e próximo ao alumnado, basando os nosos valores no respeto, confianza, colaboración...

Os niveles educativos que se ofertan no colexio son a educación infantil, primaria e secundaria, sendo unha das nosas prioridades a integración do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) e Necesidades Educativas Especiais (NEE).

Índice

1. Educación infantil

2. Educación primaria

3. Educación secundaria

4. Educación especial: NEAE e NEE

 

Educación infantil

As aulas de Educación Infantil no noso colexio son concebidas como un espazo vital no que se aprende, educa, participa, imaxina, ríe, crea e soña. Compartimos, xogamos, respectamos as normas, e dicir, vivimos, sentimos e facemos vivir e sentir.

Os nosos alumnos/as aprenden a partir do xogo, dos sucesos cotiás, da observación, das relacións e dos feitos. Todo isto conseguímolo a través dunha pedagoxía lúdica que nos leva ata os contidos curriculares, a socialización, o respecto polos outros e a adquisición de hábitos. Impartimos unha educación en valores para que así poidan medrar felices, seguros, creativos …. E o mesmo tempo unha educación personalizada entendendo que cada alumno/a ten unhas cualidades concretas e un potencial diferente.

Podes acceder ao contido de Educación infantil do curso 2020-2021 premendo aquí.

 

 

Educación primaria

Na Educación Primaria fórmulase o obxectivo principal de formar ao alumnado nun proceso continuo, desenvolvendo todas as dimensións do ser humano e as competencias necesarias para a súa plena realización na sociedade. Esta etapa trabállanse os contidos do currículo mediante metodoloxías e actividades creativas e innovadoras (integración das TICs no aula, xadrez, aprendizaxe cooperativo mediante proxectos interdisciplinares, etc.).

As principais liñas de acción da Educación Primaria son a resolución de conflitos mediante o diálogo, a mellora da convivencia como grupo, a potencialidade da responsabilidade e autonomía e a integración da diversidade do alumnado.

Podes acceder ao contido de Educación Primaria do curso 2020-2021 premendo aquí.

 

 

Educación secundaria

Na Educación Secundaria a adquisición de competencias clave dende todas as áreas é un dos obxectivos principais da etapa, alcanzando así os estándares de aprendizaxe contidos no currículo. É primordial potenciar que o alumnado consiga unha avaliación do seu propio esforzo e ferramentas necesarias para aprender a aprender, utilizando metodoloxías de modo cooperativo e aprendizaxes basados en problemas e proxectos. Nesta etapa o alumno concienciarase da importancia de manter un nivel óptimo de compromiso nas tarefas académicas e logrará un desenvolvemento idóneo nas tecnoloxías de información e comunicación, así como un afianzamento na práctica lectora e nos usos lingüísticos.

Podes acceder ao contido de Educación Secundaria do curso 2020-2021 premendo aquí.

 

 

Educación especial (NEAE e NEE)

O Divino Maestro Santiago de Compostela caracterízase por atender a diversidade, intentando responder a cada unha das necesidades do alumno/a co fin de favorecer a súa inclusión no ámbito educativo. Todo o noso alumnado é diferente e a nosa misión será lograr que cada un deles participe de maneira activa nas actividades do centro. Así favorecerá un aprendizaxe aplicable na súa vida cotiá, axudándolle no seu desenvolvemento como persoa solidaria, comprometida e respetuosa coas diferencias.

As necesidades educativas de apoio educativo (NEAE) e as necesidades educativas especiais (NEE) son unha gran prioridade do noso centro, por iso contamos cunha labor de grandes profesionais en áreas específicas.

Divino Maestro 2020