Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

ANPA

Asociación de Nais e Pais do Alumnado do Colexio Divino Maestro Santiago de Compostela

A Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) do Colexio CPR Divino Maestro é unha asociación sen ánimo de lucro, formada por nais e pais de alumnos e alumnas do centro. O seu obxectivo é participar na súa xestión, representando ás familias, para contribuír a mellorar o colexio dos nosos fillos e fillas. O ANPA conta cun representante no Consello Escolar, órgano que fai un seguimento do funcionamento do colexio e os seus servizos, velando para que no noso centro cúmpranse as condicións dunha educación de calidade.

  • Quen se pode asociar?

A asociación está aberta a todas as familias con fillos e fillas que estudan no colexio. A vosa implicación é moi importante, xa que cantos mais pais e nais participen de forma activa no ANPA obteremos mellores resultados.

  • Cal é a cuota por pertencer á ANPA?

A cuota por curso escolar é de 30 € por familia (pago único).

  • Como podo asociarme á ANPA?

Atopa a información na páxina web da ANPA: https://anpadmfesantiago.com/

  • Cales son os nosos órganos de goberno?

A Asociación réxese por uns estatutos aprobados pola Asemblea Xeral. O seu funcionamento é democrático e os seus principais órganos de goberno son:

  1. Asemblea Xeral. Máximo órgano de toma de decisións. Está aberta á participación de todos os asociados e reúnese polo menos unha vez ao ano, ao comezo do curso escolar. Nela adóptanse os principais acordos respecto a a Asociación, se debate e aproba o plan de acción e as actividades para realizar durante o curso. A Asemblea elixe a unha Xunta Directiva, para a xestión do día a día.
  2. Xunta Directiva. Encárgase da xestión diaria da Asociación. Ningún cargo é remunerado, todos os membros son pais e nais voluntarios, que de forma desinteresada colaboran na Asociación.

PRECISAMOS DA TÚA AXUDA

Anímate a colaborar activamente no ANPA

PARTICIPA NA SÚA XESTIÓN

Porque as familias temos unha enorme responsabilidade no proceso educativo que compartimos cos centros escolares e coas institucións da contorna.

Porque no proceso de formación dos alumnos e alumnas resulta imprescindible a participación activa de toda a comunidade educativa.

Porque a implicación das nais e pais na educación axuda a mellorala e supón un elemento de calidade ao sistema educativo.

Porque xuntos sumamos.

Divino Maestro 2024