Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Comunicados dende o centro

COMUNICADO Nº 20 (Xoves, 22 de outubro de 2020)

Queridas familias: 

Esperamos que todos os encontréis bien de salud y que hayáis empezado con buen pie el curso 2020-2021. 

Este va a ser un curso difícil, en el que todos vamos a tener que poner mucho de nuestra parte para que sea posible la estabilidad deseada, tanto a nivel escolar y profesional, como también emocional. Pero todos los departamentos del colegio estamos haciendo un gran esfuerzo porque vuestros hijos/as se sientan como en casa, cuidados, protegidos y guiados educativamente. Además, lo hacemos con una enorme alegría: teníamos muchas ganas de volver a verles. 

Sabemos que la conciliación familiar juega un papel muy importante siempre pero este curso, más si cabe. También sabemos que existen muchas propuestas fuera del centro para compatibilizar vuestros horarios con los de vuestros hijos/as y/o para complementar su formación, y que están a vuestra disposición. Pero, dadas las circunstancias, no queremos dejar de ofreceros desde aquí una propuesta que nos ha llegado por parte de Activa, empresa que lleva 30 años trabajando en el sector, organizando y gestionando servicios educativos en colegios de todo el territorio nacional; probablemente muchos de vosotros ya la conozcáis. 

Se trata de una propuesta de formación online para todas las etapas educativas, que nos ha parecido interesante por varias razones que os detallamos: 

Activa es una empresa seria que ofrece garantía, calidad de servicio, experiencia, soporte técnico, y un seguimiento pedagógico de los alumnos/as.
Ofrecen una amplia variedad de actividades dentro de 5 bloques, pudiendo elegir aquellas que os parezcan más atrayentes para vuestros hijos/as: Idiomas, actividades de pensamiento y lógica, programación y creatividad, actividades relacionadas con música y artes escénicas y, por último, actividades de artes plásticas y audiovisuales.
Organizan los grupos por edades y niveles, asegurándose de que los alumnos/as están en el grupo correcto mediante pruebas previas.
Cuentan con un profesorado cualificado y con experiencia, formado específicamente para impartir materias online.
Y la más importante, se trata de una propuesta online de una empresa especialista en educación, por lo tanto, segura para nuestros alumnos/as (Covid-free).

Por supuesto, sentíos libres de sumaros a esta iniciativa o no, pero no podíamos dejar de ofreceros algo que nos ha parecido un servicio realmente interesante y, dadas las circunstancias, necesario. 

Os adjuntamos información más detallada y datos de contacto, por si fuera de vuestro interés. 

Circular colegio a familias - Información Activa Online 

Flyer Activa Online Curso 2020-2021 

Un saludo y ánimo. 

Administración Divino Maestro Santiago

 


COMUNICADO Nº 19 (Xoves, 22 de outubro de 2020)

Estimadas Familias: 

Acabamos de pasar o domingo do DOMUND (18 de outubro) co lema “Aquí estou, envíame”. Creo que, para os que temos a misión metida no corazón, non hai mellor momento para darnos conta de que todo xesto, toda axuda, toda oración, por pequena que sexa pode ter una grande repercusión nos nosos alumnos, nos vosos fillos. 

Este ano non ten porqué ser diferente. Por iso poñeremos a vosa disposición (ata finais deste mes de outubro) uns petos para quen queira contribuir. Estarán nas aulas e nas entradas do colexio. 
Graciñas 

O equipo de Acción Evanxelizadora.

 


COMUNICADO Nº 18 (Luns, 13 de outubro de 2020)

Estimadas familias:

Mañana miércoles 14 celebraremos la Asamblea del AMPA a las 19,00 horas, que en esta ocasión será online, a través de Zoom. Necesitamos que los/las que queráis asistir, nos enviéis un mail con vuestro teléfono al correo anpa.dimasantiago@yahoo.es para que os enviemos el link y la contraseña para la reunión. Os animamos a asistir a esta cita.

Saludos cordiales.

AMPA

 


COMUNICADO Nº 17 (Martes, 29 de setembro de 2020)

Estimadas familias: 
Nos ponemos en contacto con vosotros para comunicaros novedades que afectan a la directiva del AMPA. Hasta este curso nuestra asociación estaba presidida por Nuria Castro-Acuña, que actualmente ya no forma parte de nuestro centro y, por tanto, ha cesado en sus funciones de presidenta. 

En consecuencia, tal y como marcan los Estatutos de la Asociación, convocamos a todos/as los/as asociados/as a una Asamblea General Ordinaria y Extraordinaria para el 14 de octubre, a las 19,00 horas en primera convocatoria y a las 19,05 horas en segunda. Dadas las circunstancias actuales provocadas por la pandemia del Covid-19, y siguiendo las recomendaciones sociosanitarias, esta reunión se llevará a cabo de manera telemática a través de Zoom, para la que se enviará el enlace con anterioridad a la misma a través de TokApp. 

En la Asamblea General Ordinaria se abordará el siguiente orden de día: 

  1. Lectura y aprobación, si procede, del acta de la sesión anterior. 
  2. Resumen de las actividades realizadas por el AMPA durante el curso 2019-2020. 
  3. Próximas actuaciones AMPA 
  4. Presentación del estado de las cuentas 
  5. Ruegos y preguntas. 


A continuación, conforme al artículo 20 de nuestros Estatutos, se convoca Asamblea General Extraordinaria para tratar el siguiente punto: 

  1. Nombramiento, cese y/o renovación de cargos de la Junta Directiva. 

Para la celebración de este punto, puesto que en los actuales estatutos no existe un proceso regulado para la elección de la nueva directiva, hemos elaborado la normativa que os adjuntamos:

https://tokapp.com/url/hjjtn

Os animamos a enviar vuestras candidaturas para formar parte de la directiva. Nuestro deseo es dar el relevo a otro equipo de madres y padres para continuar trabajando en beneficio de todos. 

Esperamos poder contar con vuestra presencia en ambas asambleas. Quedamos a vuestra disposición para cualquier duda o cuestión que nos queráis trasladar en el correo anpa.dimasantiago@yahoo.es

Saludos cordiales,

Directiva AMPA.

 


COMUNICADO Nº 16 (Luns, 28 de setembro de 2020)

Volvemos de novo a enviar comunicado, esquecede o anterior que vai con moitos erros, este sí é o definitivo: 

  • 1º ESO: entra por Pardo Bazán ás 16:10 e sae ás 18:00 horas. 
  • 2º ESO: entra por Blanco Nájera ás 16:10 e sae ás 18:00 horas.
  • 3º ESO: entra por Pardo Bazán ás 16:00 e sae ás 17:50 horas.
  • 4º ESO: entra por Blanco Nájera ás 16:00 e sae ás 17:50 horas.


Lembrade que é moi importante evitar as aglomeracións na parte exterior do centro educativo por motivos de seguridade para todos. 

Un saúdo.

O equipo directivo.

 


COMUNICADO Nº 15 (Mércores, 16 de setembro de 2020)

Estimadas familias: 

Ante as incidencias que nos comentástedes algún de vós no proceso de mercar o uniforme, comentarvos que somos conocedores de que hai momentos nos que pode darse a situación de non stock dalgunha prenda. 

Mentras non a poidades mercar, o alumnado debe vir ao centro con roupa o máis semellante posible ao uniforme que teñades na casa (non merquedes roupa nova). 

Agora mesmo hai situación de non stock dalgunha prenda ou dalgunha talla en concreto. Dende a tenda coméntannos que prevén volver ter stock normalizado en outubro

Atentamente, 

Administración Divino Maestro Santiago.

 


COMUNICADO Nº 14 (Mércores, 16 de setembro de 2020)

Estimadas familias: 

Como xa se vos comunicou onte, hoxe enviamos a información da Empresa Activa, coa que xestionamos a Escola de idiomas, integrada dentro do Plan integral do Plurilinguismo educativo. A proposta dos grupos é a que se indica nun dos enlaces. É importante saber, que o obxectivo é seguir co mesmo grupo de convivencia estable e non xuntar grupos, polo que, dependendo da cantidade de alumnado anotado, se vos comunicará se a actividade sae adiante ou non. 

No outro enlace que se envía, vai  a explicación para facer a inscrición na súa propia plataforma web ACTIVA, xa que agora tamén utilizan este medio para non manipular o papel debido a situación que estamos a vivir. 

Estos son os dous enlaces: 

Sen máis, recibide un cordial saúdo. 

O equipo directivo.

 


COMUNICADO Nº 13 (Martes, 15 de setembro de 2020)

Estimadas familias:
Ante a situación que estamos a vivir, na nosa escola tócanos recrear e remar todos xuntos para que a barca do Divino Maestro navegue na mesma dirección. 

O equipo directivo do centro tomou a decisión de non levar adiante, polo menos este trimestre, a actividade de teatro. Polo que, polo de agora, non se plantexará esta actividade, que estaba impartida polo profesorado do centro. 

Por outra banda, comentarvos que tras manter reunións coa Anpa, decidiuse propor unha actividade de conciliación que xa vos comunicaron por este medio. 

Mañá, a empresa Activa, que imparte a extraescolar de inglés, tamén plantexará as actividades que propón e comunicaréivolas a través deste medio. 

É moi importante que se fagan grupos estables de convivencia, o grupo burbulla de aula, senón será moi complicado que as actividades saian adiante. De tódolos xeitos, agora mesmo prima a saúde de toda a comunidade educativa e somos unha familia para coidar os uns dos outros. 

Sen máis, recibide un agarimoso saúdo. 

O equipo directivo.

 


COMUNICADO Nº 12 (Martes, 15 de setembro de 2020) 

Queridos pais e nais:

Este ano a ANPA sendo consciente da situación que estamos a vivir vese na obriga de cancelar as actividades extraescolares ofertadas pola nosa asociación. Sen embargo tendo en conta as necesidades das familias e para poder facilitar a conciliación familiar, e sempre en consenso co noso centro escolar, vamos a ofrecer unha actividade a que chamaremos "conciliación",  esta actividade levarase adiante de luns a venres de 16:00 -17:00 e será unha biblioteca/ludoteca onde os máis pequenos de infantil terán contacontos, cancións, podrán pintar, etc, e os de primaria podrán ler, facer os deberes, estudar etc. sempre respetando os grupos de convivencia permanente e distancia de seguridade de 1'5 metros e seguindo en todo momento o protocolo COVID do centro. Os grupos serán mínimo de 10 alumnos e máximo de 12, as vacantes cubriranse por orden de inscrición. Todas aquelas familias interesadas debedes responder a este tokApp antes do 25 de setembro, xa que a actividade comezaría o luns día 5 de outubro, se saíra adiante.


Esta actividade ten un custo de 55€ o mes.

Para calqueira dúbida contactádenos neste correo:

anpa.dimasantiago@yahoo.es

Con respecto ao fútbol a nosa agrupación deportiva CODIMA está a espera das indicacións e protocolos da federación de fútbol, e da resolución de si haberá liga, si así fora, os equipos podrían entrenar sempre respetando o protocolo COVID do centro e mantendo os grupos de convivencia. En este caso será o CODIMA quen se poña en contacto coas familias a través dos grupos e medios existentes.

Recibide un cordial saúdo.

Remando todos xuntos, todo sairá ben.

A directiva da ANPA.

 


COMUNICADO Nº 11 (Luns, 14 de setembro de 2020)

Estimadas familias: 

Ante a gran incertidume que está a xerar o comezo do curso escolar na etapa de secundaria vos transmito que, non hai comunicación oficial ao centro educativo, pero a nota de prensa que aparece no portal da Conselleria e tras falar co noso inspector, vos transmito que o curso escolar na ESO, queda da seguinte maneira: 

  • MÉRCORES 23 DE SETEMBRO, comezan 1º e 2º da ESO.
  • XOVES 24 DE SETEMBRO, comeza 3º da ESO.
  • VENRES, 25 DE SETEMBRO, comeza 4º da ESO.

As horas de entrada e saída serán as que figuran no noso protocolo, que está subido na páxina web, aínda que isto pode xerar cambios. Se vos manterá comunicados para a vosa tranquilidade. 

Tamén dicirvos que a partir de mañá se vos comunicará qué libros hai dispoñibles no banco para os vosos fill@s e así, se queredes, poder acollervos a este préstamo. 
Recibide un cordial saúdo.

O equipo directivo.

 


COMUNICADO Nº 10 (Venres, 10 de setembro de 2020)

Estimadas familias: 

Enviámosvos o anexo das entradas e saídas ao recinto escolar que figura no Protocolo Covid, que está na páxina web. Decirvos que, como marca o Protocolo da Consellería no punto 11.5, non se permite a entrada dos proxenitores no centro educativo, salvo razóns xustificadas ou relacionadas con procesos administrativos, ou cando a presenza sexa requerida polo propio centro.

ENTRADAS E SAÍDAS AO RECINTO ESCOLAR

Mañá comezará o alumnado de 4º, 5º e 6º de EPO e 6º de EI. Moi importante remarcar a puntualidade co obxectivo de non formar aglomeracións de persoas, tanto nas entradas coma nas saídas. 
Hoxe xa houbo cursos que comezaron, felicitamos o esforzo e a puntualidade de todos xa que este curso nos toca coidarnos os uns aos outros. 

Por outra banda e en relación co anterior, sería importante que se algunha familia convive con persoas de risco llo comunique aos titores ou a dirección, para coidarnos aínda moito máis. 
Sen máis, recibide un cordial saúdo. 

O equipo directivo.

 


COMUNICADO Nº 9 (Xoves, 10 de setembro de 2020)

Estimadas familias: 

A partir de mañá día 11 de setembro estarán publicadas as listaxes de libros que lle corresponden a cada alumno/a que solicitou o fondo de libros da Consellería. É unha listaxe que estará no interior do centro educativo según marca a lei de protección de datos. Poderedes consultala entrando pola portería do centro ou chamando ao teléfono do mesmo e xa se vos facilita a información.
Por outra banda, estamos a preparar os libros que hai no banco do colexio para completar os do fondo e a todos aqueles que poidamos chegar para non ter que mercalos, según voluntariedade de cada un.
Lembrade tamén que hai familias que faltades por vir a recoller o vale de material escolar. Na portería do centro poderedes solicitalo en horario de mañá. 
Sen máis, recibide un cordial saúdo. 

O equipo directivo.

 


COMUNICADO Nº 8 (Mércores, 9 de setembro de 2020)

Estimadas familias: 

A piques de comezar o novo curso envíovos información do comedor escolar e do matinal. 

Con respecto ao comedor manterase a hora de recollida a partir das 15:00 horas ata as 16:00 horas. A recollida farase pola porta traseira de Emilio Pardo Bazán (Mercadona). Os proxenitores non podedes entrar no recinto escolar nas entradas e saídas como marca o protocolo e indicacións da Consellería. As monitoras achegaranse á porta e vos entregarán aos vosos fillos e fillas. De esta maneira conseguimos facer tres turnos de comedor e empezar o primeiro 30 minutos antes con respecto ao curso anterior. Os vosos fillos e fillas permanecerán nos grupos de convivencia estable en todo momento, tanto no comedor como nos horarios de recreo do mesmo, utilizando sempre que sexa posible o patio exterior, según indican as autoridades sanitarias. É importante saber que o mandilón que traen os de infantil e 1º e 2º de primaria do uniforme escolar pode valer para o comedor. O alumnado tamén poderá traer un mandilón  para o comedor e quedará na súa mochila e irá todos os días para casa, non quedará no recinto escolar. Isto do mandilón xa é opcional. As monitoras según protocolo de comedor non tocarán as pertenzas do alumnado. 

Non se lavarán os dentes según marca o, protocolo do comedor, polo que non é preciso que traian neceser. Lembrade, como marca o noso protocolo, que o alumnado de comedor deberá traer unha riñoneira ou un estoxo para deixar a mascarilla á hora de comer. 

O matinal, comezará ás 7:45 horas xa que moitas familias o estades a demandar. O alumnado entrará pola porta verde de portería e fará o servizo en dependenzas do centro que despois se desinfectarán e tamén permanecerán en grupos estables de convivencia. 

Sen máis, desculpade toda a tardanza, pero o noso obxectivo principal é o benestar dos vosos fillos e fillas, a partir de mañá nos convertiremos todos nunha mesma familia e é moi moi importante que tratemos de coidarnos os uns aos outros. 
Un cordial saúdo.

O equipo directivo.

 


COMUNICADO Nº 7 (Luns, 7 de setembro de 2020)

Estimadas familias: 

Tócanos afrontar un curso cheo de incertezas pola situación que estamos a vivir. O claustro e o equipo Covid do centro está a traballar para que o antes posible vos facilitemos o protocolo a seguir antes do comezo das clases. Polo de agora, dicirvos que na Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, estáblécese a incorporación gradual do alumnado ás aulas para o curso 2020/21, como xa veríades nos medios de comunicación. Paso a detallarvos: 

  • O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil e 1º, 2º e 3º de primaria.
  • O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º de primaria.
  • O día 16 de setembro incorporarase o alumnado de 1º e 2º da ESO
  • O día 17 de setembro incorporarase o alumnado de 3º da ESO
  • O día 18 de setembro incorporarase o alumnado de 4º da ESO

Para a vosa comodidade, podedes acceder premendo aquí ao calendario escolar 2020/2021 do centro e descargarvos unha copia.

En canto ás horas, cómo van ser as entradas e saídas e demáis, coa maior brevidade volo comunicaremos. 
Un saúdo.

O equipo directivo.

 


COMUNICADO Nº 6 - REUNIÓNS INFANTIL (Luns, 7 de setembro de 2020)

Queridas  familias: 

Estamos a comezar o novo curso escolar e pola situación sanitaria excepcional que estamos a vivir,  as titoras de E.Infantil, gústaríanos informarvos das novas medidas acadadas para o funcionamento da aula neste curso escolar 2020/21, nunha reunión previa ao comezo das clases. Esta reunión non é obrigatoria, é certo que a ofrecemos porque cremos que o achegamento, aínda que sexa coas medidas de seguridade recomendadas (máscara, distancia de seguridade e ao aire libre)  e precisa por todas as inquedanzas que supón a escolarización dos vosos fillos. 

Así pois o mércores 9  de setembro terá lugar a reunión no patio de E.Infantil, soamente coa asistencia dun único membro da familia, sendo o horario: 

  • 4º E. Infantil ás 9:30h. 
  • 5º E. infantil ás 11:00h.
  • 6º E. Infantil ás 12:30h. 

Para evitar aglomeracións prégase puntualidade.

Ademáis todas as familias de E.Infantil recibirán un Tok App coa información precisa,  no que se lles explicará as novas medidas para o funcionamento da aula. 

Un saúdo e benvidos. 

A etapa de infantil.

 


COMUNICADO Nº 5 - REUNIÓNS PRIMARIA (Luns, 7 de setembro de 2020)

Estimadas familias:
Comezamos un novo curso e como todos os anos queremos reunirnos con vós para informarvos e procurarvos un achegamento ao novo titor ou titora.
Debido á situación sanitaria só realizarán as reunións os cursos de 1º, 3º e 5º de EP o mércores 9 de setembro, xa que os demais continúan co mesmo titor ou titora.
Esta reunión non é obrigatoria, é certo que a ofrecemos porque cremos que o achegamento, aínda que sexa con distancia de seguridade, é importante e porque para estas familias ademais das inquedanzas propias da situación actual súmanselle as de non coñecer ao novo titor ou titora dos seus fillos/as e os cambios que iso pode implicar.
Todos os cursos de EP recibirán a información precisa, de comezo de curso, a través dun Tokapp que enviará cada titor/a no que se lle explicará todo o relacionado co funcionamento da aula.
Para evitar aglomeracións agradeceriamos moito que viñeran un único membro da familia só para o horario da reunión correspondente:

  • 1º ás 16:00h.
  • 3º ás 17:00h.
  • 5º ás 18:00h.

A entrada será pola Rúa Blanco Nájera, seguindo as sinalizacións marcadas, a reunión terá lugar no patio exterior e a saída farase pola Rúa Emilia Pardo Bazán (saída a Conxo). A seguridade é cousa de tod@s polo que é importante respectar estas indicacións.
Moitas grazas e benvidos a un novo curso no que teremos que Re-crear unha nova escola utilizando moito a imaxinación e a ilusión que nos caracteriza como Centro. 

A etapa de primaria.

 


COMUNICADO Nº 4 (Xoves, 3 de setembro de 2020)

Boas tardes familias: 

Debido á situación epidemiolóxica que estamos a vivir e moi ao noso pesar o equipo directivo do centro tomou a decisión de pospoñer o Acto de graduación para máis adiante.  

O noso principal obxectivo no centro sempre son os alumnos  e alumnas que tanto queremos e nos enchen de vida a xornada lectiva. En canto se poida levar adiante un acto coas medidas de seguridade e con máis asistencia de aforo, volo comunicaremos con anterioridade para a vosa tranquilidade.
Unha aperta moi moi grande e ánimo nesa maravillosa etapa que comeza. 
Con afecto 

O equipo directivo

 


COMUNICADO Nº 3 (Xoves, 3 de setembro de 2020)

Estimadas familias: 

Vos comunicamos que mañá a partir das 12 horas publicaranse na aplicación Abalar Móvil as notas da convocatoria extraordinaria de setembro. Para calqueira aclaración non dubidedes en poñervos en contacto co centro. 
Un saúdo.

O equipo directivo

 


COMUNICADO Nº 2 (Mércores, 26 de agosto de 2020)

Prezadas familias:

 O motivo deste comunicado é trasladarvos tranquilidade. Sabemos da preocupación de toda a Comunidade Educativa ante as incertezas de cara ao comezo do curso escolar 2020/21. Esta é unha mensaxe de confianza, na medida do posible. Estamos a traballar deseñando os protocolos que rexerán a vida no centro, seguindo as instruccións marcadas pola Consellería de Educación, que aínda poden variar antes do día 1 de setembro. A partir da semana que ven iremos facéndovos chegar toda a información ao respecto.

En todo caso, xa vos podemos trasladar que estamos a adquirir os materiais necesarios e a implementar as medidas oportunas para que, dadas as circunstancias, poidamos empezar as clases coa máxima normalidade e seguridade posible. Espérannos meses difíciles e complicados. Coa colaboración e boa vontade de todos esperamos sacar o curso adiante.

Grazas pola confianza depositada e a axuda desinteresada.

Unha aperta.

O equipo directivo.

 


COMUNICADO Nº 1 (Mércores, 26 de agosto de 2020)

Prezadas familias:

O motivo desta comunicación é informarvos sobre a venta online dos uniformes escolares a partires de agora. A páxina web de venta do noso proveedor é Monty Sports e a páxina xa está operativa.

O acceso realízase a través do seguinte enlace: www.montytienda.es

Para poder realizar unha compra, teredes que crear unha conta e nos solicitará que introduzcamos os nosos datos persoais e o identificador do colectivo do noso centro que é este: Divmae1945-1

Tras crear a conta, accederemos ás prendas en venta do noso colexio e poderemos engadir prendas ao carro, como en calqueira páxina de venta on line.

Unha vez que teñamos o carro completo, confirmaremos a compra e onde queredes recibir o paquete.

Para pedidos superiores a 150€ o transporte é gratuito e se entregará no domicilio das familias.

Para pedidos inferiores a 150€, o envío é gratuito si se selecciona a entrega no colexio e 9€ si a entrega é no domicilio das familias.

As entregas no colexio faranse semanalmente durante o mes de setembro a partir do día 4.

As entregas no domicilio das familias faranse tras 48/72 horas, transcurridas desde o pago do pedido.

Este pago poderase realizar a través de tarxeta de crédito ou transferencia bancaria.

No suposto de que teñades que devolver algunha prenda tedes tres posibilidades:

  1. Devolvela a portes que correrán ao voso cargo. Mediante a axencia de transporte que consideredes.
  2. Deixalas no propio centro escolar en paquete pechado xa que cada 15 días a empresa recolle estes paquetes de devolución.
  3. En caso de que teña que ser inmediato, a empresa o recollerá en domicilio con 10 € en efectivo no paquete de devolución.

De todas formas, todas estas xestións se farán individualmente a través do teléfono e correo electrónico que vós facilitedes e podedes chamar á propia empresa nos datos facilitados na propia web.

Tede en conta que a normativa do Regulamento de Réxime Interior do Centro (RRI) marca o uniforme completo desde os 3 anos ata 4º da Eso e o mandilón ou baby, ata 2º curso de Epo inclusive. Os zapatos e o abrigo, negros ou azul marino. Co chándal é obrigatorio deportivas blancas.

O uniforme durante este curso académico seguirá sendo o actual.

Sabendo que é algo novo para todos, se tedes dúbidas estamos en contacto.

Un afectuoso saúdo.

O equipo directivo.

Divino Maestro 2020