Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Situación COVID-19

O 14 de marzo de 2020 decretouse un estado de alarma en todo o país como consecuencia dun virus denominado SARS-CoV-2 que producía a enfermidade COVID-19. O ámbito educativo tamén se viu afectado polas medidas do estado de alarma, suspendéronse as clases presenciais restantes do curso 2019-2020 (pasándose a unha educación telemática) e comezaron a definirse normativas e protocolos para asegurar unha volta segura ás aulas no curso 2020-2021.

Índice

1. Equipo COVID e documentación de centro relativa á COVID-19

2. Normativa oficial relativa á COVID-19 no ámbito educativo

 

Equipo COVID e documentación de centro relativa á COVID-19

Correo electrónico do equipo COVID: covid.divinomaestrosantiago@gmail.com

O equipo COVID do Divino Maestro de Santiago de Compostela está formado por tres membros do claustro: Óscar Luis Pollán Somoza, Elena Millán Penide e Carmen del Valle Varela. Para coñecer as súas funcións e as medidas a tomar no curso 2020/2021 podes revisar o seguinte documento:

Ademais, para facer máis accesible e dinámica a información, o equipo COVID creou a seguinte presentación do Protocolo COVID do Divino Maestro de Santiago de Compostela, coa que podes interactuar:

 

O protocolo pode sufrir modificacións segundo transcurra a situación sanitaria, polo que estade atentos e atentas á aplicación de comunicacións TokApp, ás redes sociais (Facebook Colexio Divino Maestro) e a esta páxina web para estar informados dos últimos cambios.

Lista de documentación do centro relativa á situación sanitaria:

 

Normativa oficial relativa á COVID-19 no ámbito educativo

Para acceder á listaxe da normativa oficial publicada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación no curso 2020-2021, ordeada cronolóxicamente en sentido ascendente pode acceder ao menú CURSO 20/21 → Normativa oficial desta mesma web.
Divino Maestro 2021