Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

RETA-T

ETAPA DE PRIMARIA

     Estimadas familias:

     Despois de varios meses nesta situación que nos atopamos dunha educación na casa e na que tanto alumnado como familias estivestes implicadas ao máximo, queremos dar un respiro neste derradeiro mes de xuño, polo que plantexamos un proxecto chamado RETA-T que comezará o luns 1 de xuño.

     O que pretendemos é potenciar a autonomía e a motivación do alumnado por acadar cada día novos logros, que neste caso van ser retos, e continuar co ritmo de traballo que estaban levando ata agora, pero dunha maneira máis lúdica.Potenciar a cultura do emprendemento “quero e son capaz de realizar os retos”.

     Cada día na páxina web do colexio (SITUACIÓN COVID-19, pestana Reta-T) e nas canles habituais que os mestres utilizan para a comunicación aparecerá un documento no que haberá unha temática concreta con 10 retos de diferente dificultade, cada alumno/a debe elixir os retos que queira, e realizalos (non ten que facer todos, só aqueles que máis lle atraian) é importante que unha vez que elixan os realicen eles sos. Os irmáns poden realizalos xuntos.

Irán recollendo diariamente, nun cartafol, que o/a titor/a explicará a cada aula, o que máis e o que menos lle gustou, indicando tamén os retos que realizou nese día. Ao final da semana este documento será enviado ao titor/a, polo medio que cada un indique.
Ao alumnado enviaráselle unha información sobre o proxecto, e eles van decidir os retos que cren poden facer ao longo de toda a semana.

     Polas mensaxes que estabamos a recibir da vosa parte, o alumnado empeza a acusar o cansazo habitual de fin de curso, son moitos días nos que viviron unha situación complicada e cremos que merecen un pequeno respiro e premio polo ben que se adaptaron á situación. Esperamos que este proxecto o logre, polo menos esa é a nosa intención, ademais de darvos un respiro que pensamos que tamén o merecedes.
     Nós pola nosa parte seguiremos conectados todas as mañás por se alguén precisa da nosa colaboración ou ten dúbidas sobre algo, e mantendo o contacto co alumnado e con vós, como ata agora.

    Unha aperta grande de todos os mestres e mestras de primaria, e o noso agradecemento por toda a colaboración, xuntos fixemos que todo fora posible e unha vez máis demostrouse o que di a letra do noso himno, permitide que o utilicemos:

“ALUMNOS, PADRES, PROFESORES UNIDOS EL DIVINO MAESTRO LO HA LOGRADO”.
 

MOITAS GRAZAS.

 

Descarga a PRESENTACIÓN para empezar o luns con RETA-T!

 

Calendario de retos para o mes de xuño (prema nas imaxes para descargar o reto):

XUÑO
   LUNS    MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO DOMINGO
6 7
13 14
20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30  

 

Divino Maestro 2020