Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Calendario Devolución de libros de texto

No caso de requerir unha copia da táboa indicada en arquivo pdf prema aquí.

 

Requirimos do voso compromiso no cumprimento dos seguintes aspectos:

  • Respectar as DATAS E QUENDAS COMUNICADAS polos vosos titores asignadas a cada curso e familias, evitando en calquera caso aglomeracións ou focos de posible contaxio.
  • UNHA ÚNICA PERSOA poderá acceder ao centro para facer efectiva as entregas e devolucións, preferentemente os PROXENITORES. No caso de tratarse de custodias compartidas queda a elección de ambos proxenitores de quen a efectúa.
  • No caso de irmáns, poderedes acollervos ao horario de entrega para o IRMÁN MAIOR.
  • Uso OBRIGATORIO DE MASCARRILLA de PROTECCIÓN no interior do colexio e respectar a DISTANCIA MÍNIMA DE SEGURIDADE de 2m.
  • No caso da etapa secundaria o alumnado NON ENTREGARÁ OS LIBROS DE TEXTO DE MATERIAS SUSPENSAS, facendo valer a súa entrega na data sinalada para SETEMBRO. 

Dende a data de entrega os libros e ordenadores almacenaranse nun lugar seguro do centro a fin de cumprir a cuarentena establecida ao efecto.

É IMPRESCINDIBLE, de acordo a regulación vixente, TER DEVOLTO OS LIBROS DE TEXTO para poder facer efectiva a tramitación da axuda para o vindeiro curso 2020-21.  

No caso EXCEPCIONAL de non poder acollerse aos horarios establecidos pregámosvos poñerse en contacto coa titoría ou a secretaria do centro [Tfo. 981 52 22 89]

Lembrámosvos que ata o día 30 de xuño poderedes retirar ou facer a devolución das FOTOS (ORLAS) na secretaría do centro, agás 6º de Educación Infantil, 6º de EPO e 4º de ESO pendentes da súa entrega por parte da empresa. Xa vos comunicaremos cando proceder a recollelas.

Tamén se vos comunicará cando pasar a recoller os vales de material e de axuda de libros para o vindeiro curso académico.

Divino Maestro 2020