Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

No DOG do día 21 de maio de 2018 publícase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

 

A PRESENTE ORDE INTEGRA AS DIVERSAS MODALIDADES DE GRATUIDADE SOLIDARIA DOS LIBROS DE TEXTO DOS NIVEIS OBRIGATORIOS DE ENSINO:

  • Participación no fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria
  • Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial.
  • Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
  • O alumnado matriculado en 5º e 6º de primaria, participa no proxecto educación dixital (E-Dixgal) Estárá excluído da participación no fondo solidario de libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O formulario (ANEXO I e II) tamén estará disponible no portal educativo:   ENLACE WEB CONSELLERÍA 

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES rematará o día 22 de xuño de 2018

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA NECESARIA PARA A TRAMITACIÓN DO PROCEDEMENTO

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I e anexo II), copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

Divino Maestro 2018