Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

O Colexio

  • Somos un centro privado concertado que conta con 3 unidades de Educación Infantil, 6 de Educación Primaria, 4 de Educación Secundaria e 2 de Educación Especial, con un claustro docente de 28 profesores que aposta por unha formación integral da persoa en todas as súas dimensións.
  • Somos centro promotor de competencias dixitais e integrado na “Red Abalar”, “e_Dixgal” e na rede de centros plurilingües de Galicia.

Comezamos como colexio público no ano 1947, desenvolvendo interrompíamete o servizo educativo desenvolvendo no alumnado todas as dimensións e capacidades para potenciar a súa dignidade humana e preparalo para ser competente profesional e socialmente. O noso carisma sigue sendo o mesmo:

O alumno é o centro da educación.

 

 

Francisco Blanco Nájera

Francisco Blanco Nájera, nacido en Logroño o 24 de maio de 1889, fillo de Eduardo e Patricia xunto a seis irmáns, foi un home humilde que, en 1913 foi ordenado sacerdote. Anos despois, no 1944, foi consagrado bispo de Ourense e é nesta mesma cidade onde coñece á escolapia Madre Soledad de la Cruz e, xuntos, animados no mesmo ideal, fundan a Congregación de Misioneras del Divino Maestro.

A preocupación constante de Francisco Blanco Nájera polos pobres e a súa idea fixa de formar homes ao estilo de Jesús Divino Maestro culmina na fundación dunha Congregación Relixiosa dedicada á ensinanza.

+ información

 

Soledad Rodríguez Pérez

Soledad Rodríguez Pérez, nacida en Zamora o 1 de febreiro de 1904, foi a novena de dez irmáns, no fogar de Manuel e Paula, familia que a chamará “Solita”. Con 5 anos, Solita e a súa familia parten rumbo a Madrid despois da morte do seu pai e é alí onde Solita interna no Colegio de las Huérfanas de la Beata María Ana de Jesús.

Anos máis tarde, Solita coñece a Don Francisco Blanco Nájera e en 1941 preséntalle o seu proxecto da fundación, dando comezo así á Congregación de Misioneras del Divino Maestro.

+ información

Divino Maestro 2020