Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Familias

Plan de actuación FAMILIA_ESCOLA CODIMA


Na idea de seguir afondando nas liñas de acción encamiñadas ó fortalecemento das relacións familia-escola no noso centro educativo, recollemos no que segue as principais actuacións que de xeito sistemático se veñen desenvolvendo (algunhas das cales teñen una traxectoria moi consolidada) á procura de propiciar unha asunción compartida dos fitos pedagóxicos máis relevantes para o noso alumnado e a comunidade educativa.

 

ACCIÓN
DENOMINACIÓN
TIPOLOXÍA E
DESTINATARIOS
DESCRIPCIÓN BREVE ANO de
INICIO
ESCOLA DE
NAIS e PAIS
CODIMA
FORMATIVA
[E.I., EPO, ESO]
Actividade periódica (convocatoria semanal de outubro a xuño) de formación e sensibilización destinada á capacitación das familias ó redor de cuestións prácticas e aplicadas á crianza dos seus fillos. 2007
TEMPOS de
ESCOITA
FORMATIVA
[CICLOS,
ETAPAS]
Actividade formativa, concibida como un espazo de titoría colectiva, na que en ciclo ou etapa (normalmente unha ó trimestre) se traballa coas familias ó redor de temáticas ou problemáticas (normas e limites, adolescencia, roles e patróns de crianza, creatividade, intelixencias múltiples, educación emocional, etc). 2011
ESPAZO de
FORMACIÓN
ABERTO
FORMATIVA
COMUNIDADE
EDUCATIVA
En colaboración coa AMPA CODIMA,
durante o curso organízanse distintos
encontros, normalmente con axentes
externos ou especialistas, a propósito de cuestións de orde educativo e interese para as familias (novas tecnoloxías, educación para o consumo, tdah, etc…)
2013
ACCIÓN
TITORIAL
ABERTA
IMPLICACIÓN
COMUNIDADE
EDUCATIVA
Ó longo de curso académico promóvense
nas distintas etapas secuencias ou actividades encamiñadas a dotar de presenza ás familias no espazo escolar
participando das mesmas ou implicándoas
no seu desenvolvemento (Divino Maestro Patrón institucional, exposiciónsaída
micolóxica, Samaín, Cea do Pobre, Festivais e actividades de Nadal, Día escolar pola Paz, Entroido, Campaña Misioneira,Letras Galegas, Fin de Curso…)
Histórico
PROXECTOS
DIDÁCTICOS de
CENTRO E
INTELIXENCIAS
MÚLTIPLES
IMPLICACIÓN
COMUNIDADE
EDUCATIVA
Dende fai varios cursos o noso centro
traballa nas diferentes etapas no
desenvolvemento de proxectos didácticos
por intelixencias múltiples nos que de
distintos xeitos se implica ás familias na
secuencia didáctica (tarefas aula-fogar,
saídas didácticas compartidas) ou na
consolidación dos produtos finais
(participando dos resultado dos proxectos
tales como exposicións, roteiros…).
2011
ACTIVIDADES
PASTORAIS
ABERTAS
PARTICIPACIÓN
PASTORAL
costume no centro convocar e incluír ás
familias en distintas facetas ou actividades
da axenda pastoral do centro (eucaristías e
celebracións, actividades de sensibilización…) a fin de dar continuidade
ás dinámicas de centro máis relevantes.
Histórico
DÍA DA FAMILIA COMUNIDADE
EDUCATIVA
Actividade singular no calendario de actos
festivos do noso centro educativo no que se promove o encontro da comunidade
escolar nun ambiente festivo e distendido.
Histórico
FAMILIAS na
AULA
IMPLICACIÓN
COMUNIDADE
EDUCATIVA
Incorporado como dinámica habitual nas
aulas de infantil (como pretexto para traballar as distintas profesións), tense ampliado a presenza das familias ó resto de etapas nos últimos cursos, dentro do plan de acción titorial, para traballar as profesións, saberes ou coñecementos particulares, gustos ou curiosidades singulares, etc.)
Histórico
TRÁNSITO
EDUCATIVO
FORMATIVA
[FIN de ETAPA,
EPO_ESO]
Na idea de acompañar ás familias nos
momentos de tránsito educativo
(particularmente no paso á etapa de
educación secundaria e no tránsito á
educación postobligatoria), a estratexia
formativa e de sensibilización procura
acomodar a expectativa das familias ás
esixencias reais do tránsito nas distintas
facetas académicas, vitais ou sociais.
2008
ANDAINA
DIVINO
MAESTRO
COMUNIDADE
EDUCATIVA
Dinámica de presentación e apertura do
centro ás familias de nova incorporación
coincidindo coa súa escolarización no centro. Inclúe entrevista, xuntanza-reunión grupal e percorrido guiado polas instalacións e dependencias do centro.
2014
GRADUACIÓN
CODIMA
COMUNIDADE
EDUCATIVA_ESO
Acto singular e formal de despedida do
ciclo académico do noso alumnado ó
remate da súa escolarización secundaria.
Histórico
BLOGS E WEB
CODIMA
COMUNIDADE
EDUCATIVA
Espazo virtual de difusión e participación
ó redor da práctica educativa do noso centro e as distintas secuencias didácticas.
http://www.bibliotecadivino.blogspot.com.es
http://www. todolinguas.wordpress.com
2009

 

Divino Maestro 2020