Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

O colexio

Índice

1. O Colexio

2. A nosa historia

3. Instalacións

4. Servizos

5. Comunidade escolar

 

O colexio

O colexio Divino Maestro Santiago de Compostela é un centro privado concertado que conta con 3 liñas de Educación Infantil, 6 de Educación Primaria, 4 de Educación Secundaria e 2 de Educación Especial, con un claustro docente de 28 profesores que aposta por unha formación integral da persoa en todas as súas dimensións.

O colexio pertence á Congregación de Misioneras del Divino Maestro, fundada por Francisco Blanco Nájera e Soledad Rodríguez Pérez no 1947, e somos parte de Escolas Católicas de Galicia. Dende o seu nacemento, o Divino Maestro Santiago de Compostela adícase a un servizo educativo de calidade, desenvolvendo no alumnado todas as dimensións e capacidades para potenciar a súa dignidade humana e preparalo para ser competente profesional e socialmente. O carisma do centro sigue estable no tempo:

O alumno é o centro da educación.

 

Adaptándose á sociedade actual, o colexio evoluciona xunto coas competencias dixitais, integrándose dende hai anos no Proxecto Abalar e en Edixgal; fomenta o plurilingüismo formando parte da rede de centros plurilingües de Galicia (PIPE); e aposta por educación innovadora, con metodoloxías de traballo que teñen en conta as intelixencias múltiples individuais e o traballo por proxectos mediante a cooperación do alumnado.

 

 

A nosa historia

Francisco Blanco Nájera, nacido en Logroño o 24 de maio de 1889, fillo de Eduardo e Patricia xunto a seis irmáns, foi un home humilde que, en 1913 foi ordenado sacerdote. Anos despois, no 1944, foi consagrado bispo de Ourense e é nesta mesma cidade onde coñece á escolapia Madre Soledad de la Cruz e, xuntos, animados no mesmo ideal, fundan a Congregación de Misioneras del Divino Maestro.

A preocupación constante de Francisco Blanco Nájera polos pobres e a súa idea fixa de formar homes ao estilo de Jesús Divino Maestro culmina na fundación dunha Congregación Relixiosa dedicada á ensinanza.

Soledad Rodríguez Pérez, nacida en Zamora o 1 de febreiro de 1904, foi a novena de dez irmáns, no fogar de Manuel e Paula, familia que a chamará “Solita”. Con 5 anos, Solita e a súa familia parten rumbo a Madrid despois da morte do seu pai e é alí onde Solita interna no Colegio de las Huérfanas de la Beata María Ana de Jesús.

Anos máis tarde, Solita coñece a Don Francisco Blanco Nájera e en 1941 preséntalle o seu proxecto da fundación, dando comezo así á Congregación de Misioneras del Divino Maestro.

 

 

Instalacións

O colexio Divino Maestro Santiago de Compostela conta con 3 liñas de Educación Infantil, 6 de Educación Primaria, 4 de Educación Secundaria e 2 de Educación Especial. No seguinte enlace podes acceder a unha vista ao interior do colexio mediante fotografías:

Instalacións do Divino Maestro Santiago de Compostela

 

 

Servizos

Os servizos complementarios dos que dispón o centro son os seguintes:

 

 

Comunidade escolar

A comunidade escolar está formada polo equipo directivo, profesorado, alumnado e familias.

Divino Maestro 2020