Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Libros de texto 2020-2021

Índice

1. Lista de libros de texto

2. Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

3. Calendario devolución libros de texto

Lista de libros de texto

Consulta a información dos libros de texto do curso 2020-2021 premendo no curso correspondente:

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

No DOG do día 19 de maio de 2020 publícase a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Remata o 19 de xuño de 2020 (incluido)

Nota informativa: O Centro participa no proxecto de educación dixital (E-Dixgal) para 5º e 6º no curso 2020/21. O alumnado matriculado neses cursos está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto e poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na Orde.

Para máis información do citado, inclúese un enlace á web da consellería onde está publicada a convocatoria e un arquivo descargable dos anexos I (Formulario de solicitude) e anexo II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar) da Orde:

Calendario devolución libros de texto

Calendario correspondente ao curso 2019-2020

No caso de requerir unha copia da táboa indicada en arquivo pdf prema aquí.

Requirimos do voso compromiso no cumprimento dos seguintes aspectos:

  • Respectar as DATAS E QUENDAS COMUNICADAS polos vosos titores asignadas a cada curso e familias, evitando en calquera caso aglomeracións ou focos de posible contaxio.
  • UNHA ÚNICA PERSOA poderá acceder ao centro para facer efectiva as entregas e devolucións, preferentemente os PROXENITORES. No caso de tratarse de custodias compartidas queda a elección de ambos proxenitores de quen a efectúa.
  • No caso de irmáns, poderedes acollervos ao horario de entrega para o IRMÁN MAIOR.
  • Uso OBRIGATORIO DE MASCARRILLA de PROTECCIÓN no interior do colexio e respectar a DISTANCIA MÍNIMA DE SEGURIDADE de 2m.
  • No caso da etapa secundaria o alumnado NON ENTREGARÁ OS LIBROS DE TEXTO DE MATERIAS SUSPENSAS, facendo valer a súa entrega na data sinalada para SETEMBRO.

Dende a data de entrega os libros e ordenadores almacenaranse nun lugar seguro do centro a fin de cumprir a cuarentena establecida ao efecto.

É IMPRESCINDIBLE, de acordo a regulación vixente, TER DEVOLTO OS LIBROS DE TEXTO para poder facer efectiva a tramitación da axuda para o vindeiro curso 2020-21.

No caso EXCEPCIONAL de non poder acollerse aos horarios establecidos pregámosvos poñerse en contacto coa titoría ou a secretaria do centro [Tfo. 981 52 22 89]

Lembrámosvos que ata o día 30 de xuño poderedes retirar ou facer a devolución das FOTOS (ORLAS) na secretaría do centro, agás 6º de Educación Infantil, 6º de EPO e 4º de ESO pendentes da súa entrega por parte da empresa. Xa vos comunicaremos cando proceder a recollelas.

Tamén se vos comunicará cando pasar a recoller os vales de material e de axuda de libros para o vindeiro curso académico.

Divino Maestro 2021