INICIO E REMATE DO CURSO ESCOLAR 2020/21
Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Orde do 16 de setembro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/21 e pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
- O curso escolar 2020/21 na Educación Infantil e Educación Primaria iniciarase como segue:
- 4º, 5º de EI e 1º, 2º, 3º de EPO: iniciarase o día 10 de setembro de 2020 e rematará o 22 de xuño de 2021, ambos inclusive.
- 6º de EI e 4º, 5º, 6º de EPO: iniciarase o día 11 de setembro de 2020 e rematará o 22 de xuño de 2021, ambos inclusive.
- O curso escolar 2020/21 na Educación Secundaria Obrigatoria iniciarase como segue:
- 1º, 2º ESO: iniciarase o día 23 de setembro de 2020 e rematará o 22 de xuño de 2021, ambos inclusive.
- 3º ESO: iniciarase o día 24 de setembro de 2020 e rematará o 22 de xuño de 2021, ambos inclusive.
- 4º ESO: iniciarase o día 25 de setembro de 2020 e rematará o 22 de xuño de 2021, ambos inclusive.
(Prema na imaxe para ampliala e/ou descargar unha copia en pdf con información ampliada)
