Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

COVID-19. Medidas a adoptar (normativa) e comunicados do centro

Recordade que na pestana NOVAS tedes recursos e actividades doutras institucións para este período de confinamento. Ademáis, na portada da web, no apartado Últimas Noticias aparecen as últimas novas publicadas para visualizar as últimas actualizacións.

 

NORMATIVA OFICIAL








 

 

COMUNICADOS ÁS FAMILIAS DENDE O EQUIPO DIRECTIVO

COMUNICADO Nº 21 (Luns, 6 de xullo de 2020)

Vos enviamos o enlace da listaxe de libros de texto para o vindeiro curso. Queda pendiente o libro de matemáticas de E-mat que en vindeiros días vos comunicaremos como mercalo xa que se fará a través dunha plataforma  on line. Este libro só o precisarán mercar os cursos de 5º e 6º de Educación infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de EPO. Nos outros cursos non se solicitarán. 

LISTAXE LIBROS 2020-2021 

Tamen dicirvos que entre o mércores día 8 e o venres 19 de xullo poderedes pasar a buscar os vales para adquirir libros de texto (1º e 2º EPO) e os vales para adquirir material escolar de todos os cursos agás infantil. Se non podedes pasar a buscalos quedan no centro ata setembro que na primeira semana poderedes recollelos tamén sen problema. 

As listaxes provisionais do Fondo de Libros de EPO e ESO sairán o día 9 de xullo e se vos enviará comunicación por esta plataforma. As listaxes publicaranse no taboleiro do interior do centro educativo para garantir a protección de datos de carácter persoal. De todas formas para calqueira dúbida poderedes chamar ao centro de 10 a 13 horas. 

As listaxes definitivas sairán o 14 de xullo para EPO. As de ESO publicaranse no mes de setembro. 

En breve vos enviaremos comunicación para anotarse ao comedor, aula matinal e banco de libros para ter unha estimación de cara ao curso que ven. 

Con respecto ao uniforme escolar, polo de agora non se poderá mercar, xa que, co cambio á Fundación están en trámites de xestión. En canto se teña máis información se vos comunicará como proceder. 

Mencionarvos tamén que na páxina web do concello de Santiago está a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o curso 2020-2021, por si queredes botarllle un vistazo e vos interesan. 

Sen máis, grazas por traballar en conxunto, familia e escola, aínda que este curso escolar fose tan atípico. Estamos en contacto. 

 

COMUNICADO Nº 20 - COMUNICADO A 4º ESO (Martes, 23 de xuño de 2020)

Varias informacións importantes neste final de curso: 

  • Entrega de notas: as notas se subirán na plataforma Abalar móvil a partires das 12 horas do vindeiro XOVES 25 de Xuño
  • Devolución de libros de texto: como xa se informou en mensaxes anteriores, entre o venres 26 (1º e 2º da ESO) e o luns 29 (3º e 4º da ESO) deberedes facer a devolución de todos os libros de texto dos vosos fillos, agás aqueles que necesiten quedarse para a preparación de exames de setembro.
  • Entrega ás familias do Consello Orientador (proposta para a continuidade de estudos do alumno): se fará NAS MESMAS DATAS E HORARIOS CA DEVOLUCIÓN DE LIBROS. En caso de non acudir a dita entrega, esta documentación quedará depositada na Conserxería para que as familias poidades pasar a recollela.
  • Exames setembro: se levarán a cabo entre o 1 e o 3 de setembro, de xeito presencial. De non ser posible, por causas sanitarias, a realización presencial das probas, se informará do sistema que se levará a cabo. O calendario de exames se publicará na páxina web e no tablón de anuncios do centro.
  • Información para alumnos de 4º de ESO: nos próximos días se enviará información relativa a datas de matrícula, documentación necesaria, etc para Bacharelato e Formación Profesional, para axudarvos na realización destes trámites.
  • Acto graduación 4º de ESO: dito acto queda aplazado ata o mes de setembro, onde se levará a cabo se a situación sanitaria o permite. Se non fora posible, comunicaríamos cando realizalo xa que é un acto moi importante para o noso centro.

 

COMUNICADO Nº 19 - COMUNICADO A 1º, 2º E 3º DE ESO (Martes, 23 de xuño de 2020)

Varias informacións importantes neste final de curso: 

  • Entrega de notas: as notas se subirán na plataforma Abalar móvil a partires das 12 horas do vindeiro XOVES 25 de Xuño.
  • Devolución de libros de texto: como xa se informou en mensaxes anteriores, entre o venres 26 (1º e 2º da ESO) e o luns 29 (3º e 4º da ESO) deberedes facer a devolución de todos os libros de texto dos vosos fillos, agás aqueles que necesiten quedarse para a preparación de exames de setembro.
  • Entrega ás familias do Consello Orientador (proposta de continuidade de estudos para o alumno): se fará NAS MESMAS DATAS E HORARIOS CA DEVOLUCIÓN DE LIBROS. En caso de non acudir a dita entrega, esta documentación quedará depositada na Conserxería para que as familias poidades pasar a recollela.
  • Exames setembro: se levarán a cabo entre o 1 e o 3 de setembro, de xeito presencial. De non ser posible, por causas sanitarias, a realización presencial das probas, se informará do sistema que se levará a cabo. O calendario de exames se publicará na páxina web e no taboleiro de anuncios do centro.

 

COMUNICADO Nº 18 (Martes, 16 de xuño de 2020)

Na pestana SITUACIÓN-COVID 19 -- Devolución de libros de texto tendes un calendario e puntos de acceso para ENTREGAR OS LIBROS DE TEXTO [PERTENCENTES ao FONDO SOLIDARIO de LIBROS 2019-2020] do noso alumnado de acordo coas instrucións oficiais e as medidas de seguridade. É polo cal requirimos do voso compromiso no cumprimento dos seguintes aspectos:

  • Respectar as DATAS E QUENDAS COMUNICADAS polos vosos titores asignadas a cada curso e familias, evitando en calquera caso aglomeracións ou focos de posible contaxio.
  • UNHA ÚNICA PERSOA poderá acceder ao centro para facer efectiva as entregas e devolucións, preferentemente os PROXENITORES. No caso de tratarse de custodias compartidas queda a elección de ambos proxenitores de quen a efectúa.
  • No caso de irmáns, poderedes acollervos ao horario de entrega para o IRMÁN MAIOR.
  • Uso OBRIGATORIO DE MASCARRILLA de PROTECCIÓN no interior do colexio e respectar a DISTANCIA MÍNIMA DE SEGURIDADE de 2m.
  • No caso da etapa secundaria o alumnado NON ENTREGARÁ OS LIBROS DE TEXTO DE MATERIAS SUSPENSAS, facendo valer a súa entrega na data sinalada para SETEMBRO. 

Dende a data de entrega os libros e ordenadores almacenaranse nun lugar seguro do centro a fin de cumprir a cuarentena establecida ao efecto.

É IMPRESCINDIBLE, de acordo a regulación vixente, TER DEVOLTO OS LIBROS DE TEXTO para poder facer efectiva a tramitación da axuda para o vindeiro curso 2020-21.  

No caso EXCEPCIONAL de non poder acollerse aos horarios establecidos pregámosvos poñerse en contacto coa titoría ou a secretaria do centro [Tfo. 981 52 22 89]

Lembrámosvos que ata o día 30 de xuño poderedes retirar ou facer a devolución das FOTOS (ORLAS) na secretaría do centro, agás 6º de Educación Infantil, 6º de EPO e 4º de ESO pendentes da súa entrega por parte da empresa. Xa vos comunicaremos cando proceder a recollelas.

Tamén se vos comunicará cando pasar a recoller os vales de material e de axuda de libros para o vindeiro curso académico.

 

COMUNICADO Nº 17 (Xoves, 28 de maio de 2020)

Na pestana SITUACIÓN-COVID 19 -- Calendario Entrega de material de aula tendes un calendario e puntos de acceso para recoller os materiais de aula do noso alumnado de acordo coas instrucións oficiais e as medidas de seguridade. É polo cal requirimos do voso compromiso no cumprimento dos seguintes aspectos:

  • Respectar as DATAS E QUENDAS COMUNICADAS polos vosos titores asignadas a cada curso e familias, evitando en calquera caso aglomeracións ou focos de posible contaxio. É RESPONSABILIADE DE TODOS/AS.
  • UNHA ÚNICA PERSOA poderá acceder ao centro para facer efectiva a recollida, preferentemente e segundo a norma, o PROXENITOR/A. No caso de tratarse de custodias compartidas queda a elección de ambos proxenitores de quen fai a recollida.
  • No caso de irmáns, poderedes acollervos ao horario de entrega para o IRMÁN MAIOR.
  • Uso OBRIGATORIO DE MASCARRILLA de PROTECCIÓN no interior do colexio e respectar a DISTANCIA MÍNIMA DE SEGURIDADE de 2m.
  • As familias traerán consigo unha bolsa ou similar para recoller o material. O centro nin dispensará nin recollerá bolsas polo risco que supón.

No caso EXCEPCIONAL de non poder acollerse aos horarios establecidos pregámosvos poñerse en contacto coa titoría ou a secretaria do centro [Tfo. 981 52 22 89]

 

COMUNICADO Nº 16 (Mércores, 20 de maio de 2020)

Espero que todas esteades ben e intentando superar a situación o mellor posible dentro da circunstancia excepcional que estamos vivindo. Pero cada día hai que ir voltando á "normalidade". Por iso vos traslado que a partir de hoxe xa se poden solicitar as axudas de fondo solidario de libros, axudas para adquirir libros de texto e axudas para adquisición de material escolar que concede a Consellería. 

Este é o enlace para que poidades botarlle un vistazo. Podedes tramitalo de modo telemático ou ben presencial no propio centro (de luns a venres de 10 h. a 13 h.) a través do anexo ED330B que tamén vos adxunto. 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31065

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23300466

Na páxina web do centro, na pestana de secretaría (preme aquí) tamén tedes toda a información. Lembrade que o prazo para solicitar estas axudas remata o 19 de xuño. 

Tamén dicirvos que na pestana de novas COVID-19, están as programacións adaptadas polo profesorado do 3º trimestre á vosa disposición. Lembrade que o curso sigue en marcha, aínda de maneira estrana, polo que todas as tarefas realizadas polos vosos fillos e fillas teranse en conta á hora da cualificación final. 

Por outra banda, estamos a organizar a recollida dos materiais que os vosos fillos poidan ter no centro. En breve comunicarásevos como imos proceder con isto facéndoo coincidir coa fase II da desescalada. 

Sen máis, unha aperta moi agarimosa para todos vós. 

 

COMUNICADO Nº 15 (Mércores, 13 de maio de 2020)

Como estades? Hoxe vos invito a reflexionar sobre una frase que lin esta semana “todo é difícil antes de ser fácil” polo que xa sabedes… adiante que todo vai a ir a mellor.

Quero comunicarvos varias cousas para a vosa tranquilidade:

  1. Horario de apertura do centro. Estará aberto de 10 a 14 horas, para xestións administrativas. Para todos aqueles que se queiran achegar ao centro prégase seguir as medidas de seguridade aconselladas desde as autoridades sanitarias.
  2. Como xa sabedes estas semana reabriu o prazo para o proceso de admisión de alumnado. Toda a información do novo calendario está colgada na web. Para a vosa tranquilidade dicirvos que a reserva de praza do alumnado que xa está matriculado no centro para o curso seguinte faise automáticamente.
  3. Programacións. A partir do luns dia 18 de maio poderedes consultar na páxina web as adaptacións das programacións didácticas para este 3º trimestre cos criterios de cualificación, como dictan as instrucións da Consellería.
  4. Recollida de material escolar que aínda tedes no centro. Dada a inquietude que isto xenera e seguindo os protocolos de sanidade, en canto teñamos instrucións procederase a comunicarvos  a hora e día da entrega. Pregamos ás familias que, se non é estrictamente necesario, espereredes  á próxima comunicación da dirección do centro.
  5. As informacións relativas ao Fondo de Libros, reincorporación de alumnado de E. Infantil e 4º de ESO, serán comunicadas tan pronto como a Consellería estableza as instrucións pertinentes. Tamén se vos informará de actividades extraescolares, listaxe de libros para o vindeiro curso e calquera información académica a medida que o centro dispoña dela.

 

COMUNICADO Nº 14 (Xoves, 30 de abril de 2020)

  • Etapa Primaria

Poñémonos en contacto para dicirvos que botámosvos de menos,  e queriamos dalgún xeito, poder achegarnos un pouquiño. 

A situación que estamos a vivir é estraña para todos/as pero queremos transmitirvos tranquilidade e confianza en nós. Desde o primeiro día tratamos de buscar as ferramentas precisas para poder continuar coa formación d@s vos@s fill@s, xa que isto é o prioritario para todo o profesorado desta Etapa. 

Sabemos que conciliar teletraballo e colexio é moi difícil, pero o gran esforzo que estades a facer é en beneficio dos vos@s fill@s, por iso tratamos de facilitar isto todo o posible, mantendo sempre o contacto, programando as actividades seguindo o horario e procurando materiais axeitados para que a aprendizaxe sexa proveitosa. Consideramos que é fundamental manter unha rutina de traballo similar á que tiñan no colexio, e unha vez cumprido este,  poden gozar do seu tempo de ocio como máis lles guste. Os /as titores/as sempre están a vosa disposición, e a deles, para colaborar e facilitar esta tarefa. 

Noso principal desexo é que poidamos vernos pronto e tamén que  o noso alumnado saia reforzado desta situación, porque  a vida é a maior aprendizaxe e destes días hai moito que aprender. 

A resposta pola vosa parte está sendo brillante o que queremos agradecer con esta mensaxe. Xa sei que é algo moi repetido estes días pero é así:  XUNTOS PODEMOS e iso é o importante, familias e profesorado cooperando como un equipo, conseguiremos o mellor para os verdadeiros protagonistas do colexio: os/as nenos/as. 
Unha aperta e moitos bicos de todo o equipo de primaria. 

 

  • Etapa Secundaria

Esperamos que esteades todos ben de ánimos e saúde!! 

Este comunicado ten por obxecto transmitirvos a nosa cercanía e establecer unha canle de comunicación para que poidades transmitirnos as vosas inquedanzas ao respecto do proceso formativo dos vosos fillos durante este período. 

Como saberedes a Consellería de Educación publicou, o 27 de abril,  as Instruccións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020. Estas Instruccións podedes consultalas na páxina web do centro. 

Estamos analizando ditas instrucións publicadas  das que darémosvos conta, proximamente, aclarando aspectos como a avaliación do trimestre, do curso e das materias pendentes. 

Por estos motivos é moi importante que os alumnos fagan as tarefas (en tempo e forma) programadas polos profesores, xa que ademáis de manter un ritmo de traballo necesario cara aos vindeiros cursos, serve tamén para que os profesores poidan ter un seguemento dos alumnos e o seu proceso de aprendizaxe. E tamén para seguir fomentando no noso alumndado a responsabilidade individual e a cultura do esforzo. 

Obviamente non nos olvidamos de vós, as familias, que tedes que xestionar unha situación inédita e inesperada para todos nós. Por iso queremos recordarvos que estamos aquí para  aclarar as vosas dúbidas, solucionar os problemas que poidamos, falar dos vosos fillos/nosos alumnos, en definitiva continuar na medida do posible a relación familia – escola que temos habitualmente. 

Sabemos que esta situación de incertidumes non é boa para ninguén, pero temos que continuar coa nosa labor de educar e formar nas mellores condicións posibles. En canto teñamos novas instruccións da administración para este final de curso vos serán comunicadas. 

Estamos con vos para o que precisedes, seguimos traballando a prol dos vosos fillos e fillas!! Tranquilidade, serenidade, ánimos e forza para sair desta situación todos xuntos e con saúde!! 
Unha forte aperta 

 

COMUNICADO Nº 13 (Xoves, 23 de abril de 2020)

Feliz día do libro!!! 

Xa en novas está dispoñible o vídeo conmemorativo deste día, que seguro vos gustará. Desfrutade del como fixemos tamén os profes. Dicirvos que é provisional, podedes seguir enviando fotos quen queira participar. 

Comentarvos tamén que a partir de hoxe podedes buscarnos no facebook: Colexio Divino Maestro Santiago
Ánimo e adiante. Unha aperta de esas que chegan prontiño. 

 

COMUNICADO Nº 12 (Mércores, 22 de abril de 2020)

Cómo estades? Espero que todas as familias estedes ben. O motivo desta comunicación é trasladarvos tranquilidade e serenidade ante a situación que estamos a vivir. Non é unha situación fácil nin cómoda para ninguén e sei que para algúns é complicado continuar a aprendizaxe dos vosos fillos e fillas. Pero quero que vos quede claro que o alumnado é o máis importante para nós, o seu seguimento, a súa responsabilidade, aprendizaxe e potencialidade e sobre todo o seu crecemento diario a nivel emocional e persoal. 

Como centro Divino Maestro seguiremos avanzando na formación do alumnado ofrecendo o mellor de nós. Para iso é importante que calqueira dúbida, aclaración, inquietude poidades trasladala aos titores e titoras ou á dirección do centro. Sempre tentaremos resolvela porque a comunidade educativa funciona en unidade cando a comunicación é recíproca. 

En canto as aclaracións do 3º trimestre seguimos á espera de instruccións máis concretas da Consellería para formalizar diferentes aspectos. De todas formas o seguimento co alumnado segue a ser moi importante e a responsabilidade co traballo tamén. Vos seguiremos informando de todo, como estamos facendo ata agora. Tamén na web está toda esta información. 

Estamos aquí para o que precisedes. Ánimo e adiante que xuntos facemos comunidade educativa, aínda que sexa na distancia. "Educar é ensinar a vivir". 
Recibide unha forte aperta. 

 

COMUNICADO Nº 11 (Luns, 13 de abril de 2020)

FELIZ PASCUA PARA TODOS! Máis que nada, nesta situación, precisamos confianza e fe en que vamos a sair adiante e voltaremos a vivir xuntos e unidos a esperanza dunha nova VIDA. O claustro de profesores voltamos con saúde e forzas renovadas e coa ilusión de seguir achegando, co noso traballo, adicación e empeño todo o necesario para acompañarvos, humana e pedagóxicamente, neste tramo de final de curso.

O martes 14 de abril, retomamos a actividade lectiva non presencial do 3º trimestre. Será mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, como marcan as instruccións da Consellería na tarde de hoxe.  Ao longo do día de mañá subiranse as tarefas á páxina web do centro. Para calqueira dúbida tedes os correos  dos correspondentes titores.

Unha vez que a Conferencia Sectorial de Educación se reúna, o próximo mércores 15 de abril, ditaranse as instruccións que procedan co obxectivo de coordinar as medidas concretas do 3º trimestre e o final do curso 2019/2020.

Sen máis, ÁNIMO E ADIANTE QUE XUNTOS SAIREMOS DESTA.

 

COMUNICADO Nº 10 (Mércores, 8 de abril de 2020)

Comunicación a todos os membros das Comunidades Educativas dos CENTROS das MISIONERAS DEL DIVINO MAESTRO. Podes ler o comunicaco completo premendo aquí.

 

COMUNICADO Nº 9 (Luns, 6 de abril de 2020)

Desde o Equipo directivo e o Claustro, vos damos as grazas por todo o recibido, polas mostras de cariño e pola inestimable colaboración. 

Desexámosvos que, dentro desta situación, poidades repoñer forzas, descansar en familia e desfrutar do período vacacional da Semana Santa. 

Prema aquí para acceder a un vídeo que vos deixamos de  agasallo. Desfrutádeo en familia! 

O martes 14 de Abril, reanudaremos o traballo, salvo instrucións da Consellería, das cales estaredes informados por este medio. 
Unha forte aperta agarimosa. 

 

COMUNICADO Nº 8 (Luns, 30 de marzo de 2020)

Prema aquí para descargar e ampliar información sobre os comunicados relativos a:

  • Comunicación de anulación de festival de curtas da ESO.
  • Carta do que se vai facer para proceder cos gastos do comedor escolar.
  • Comunicación ás familias da empresa Activa, a nivel de gasto da actividade.

 

COMUNICADO Nº 7 (Luns, 30 de marzo de 2020)

Outra semana máis, a última do mes de marzo. Espero que esteades ben e que cada día amosemos o mellor de nós para continuar con esta excepcional situación. 

Dicirvos que xa están colgados na páxina web os materiais de traballo para esta semana. Lembrade que é importante non perder a rutina diaria e a constancia de estudo. Os profesores están sempre dispoñibles nos correos electrónicos facilitados ou tokaaps, para aclarar calqueira dúbida, así como os correos da dirección do centro. 

Seguiremos en contacto para trasladarvos novas do segundo trimestre. 
Un aperta e moito ánimo a todos. 

 

COMUNICADO Nº 6 (Martes, 17 de marzo de 2020)

Como xa se vos comunicou con anterioridade a partir de hoxe está colgado na web do colexio as tarefas a realizar polo alumnado. Atoparédelas na pestana superior de "situación COVID-19" no material de traballo. Ahí están as indicacións en pdf para todas as etapas. 

Con respecto á etapa de secundaria e infantil, é traballo para os 15 días de confinamento. Da etapa de primaria están as de esta semana. Colgaranse progresivamente os traballos da semana seguinte. 

O alumnado que asiste a reforzos, audición e linguaxe e as aulas de educación especial, así como o grupo de altas capacidades lles chegará ao longo deste día material de traballo que elaborou o equipo de orientación do centro. Será a través deste medio.

 

COMUNICADO Nº 5 (Luns, 16 de marzo de 2020)

Ante as últimas medidas tomadas desde o Goberno central con carácter xeral e desde a Xunta de Galicia decretando o estado de emerxencia en Galicia desde as 00:00 horas do sábado 14 de marzo de 2020, queremos trasladarvos as novas que afectan ao noso centro e ao seu funcionamento:

  1. O Colexio permanecerá totalmente pechado durante os próximos 14 días.
  2. O prazo de proceso de admisión, en canto a presentación de solicitudes, amplíase provisionalmente unha semana despois do reinicio das clases, tanto na modalidade telemática coma na presencial.
  3. Calquera comunicación co colexio para alguna emerxencia, consulta ou aclaración realizarase por correo electrónico nas seguintes direccións:

cpr.divino.maestro.santiago@edu.xunta.gal

dgeneral.divinomaestrosantiago@gmail.com

Calquera nova que vaia xurdindo a comunicaremos por esta canle e pola páxina web do centro.

Non esquezades colaborar ao máximo entre todos e todas para rematar con esta situación o antes posible.

 

COMUNICADO Nº 4 (Venres, 13 de marzo de 2020)

Segundo o comunicado pola Consellería de Educación, procedemos a anunciarvos que a partir do martes día 17 de marzo recibiredes a través deste medio, do blog escolar ou da páxina web, as indicacións precisas sobre tarefas de ampliación, repaso de contidos e reforzo. 

O centro permanecerá aberto de 9:00 a 14:00 h. para atender ás vosas necesidades. Sen máis recibide un cordial saúdo. 

 

COMUNICADO Nº 3 (Venres, 13 de marzo de 2020)

Segundo o indicado pola Administración Educativa compartimos o enlace no cal se indican as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa Pandemia COVID-19. 

Medidas a adoptar: http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Novas instruccións: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

 

COMUNICADO Nº 2 (Xoves, 12 de marzo de 2020)

Mañá non haberá carga lectiva, é dicir, o profesorado non impartirá clase. Tampouco se terán en conta as faltas de asistencia. Nas diferentes etapas nas que se puidera ter programada algunha proba ou examen quedan aprazadas temporalmente.

Lembrámosvos que a suspensión de asistencia á clase para o día de mañá venres será voluntaria, quedando á vosa elección mandar ou non ao alumnado.

 

COMUNICADO Nº 1 (Xoves, 12 de marzo de 2020)

A raíz do comunicado polos medios de comunicación pública, podemos anticipar a  suspensión de todas as actividades, escolares e extraescolares, en TODAS as etapas educativas.  De maneira oficiosa,  a partir do luns día 16 de marzo. 

De tódolos xeitos, nin no Portal Educativo nin na páxina web da Xunta de Galicia achegan máis información ao respecto.  Comunicarase na maior brevidade posible calquer comunicación ou incidencia ao respecto.

Para facilitar a conciliación familiar mañádía 13 de marzo o centro permanecerá aberto en horario lectivo. Do mesmo xeito funcionará o servizo de madrugadores e o comedor escolar.

Pregamos que permanezcades atentos a calquer comunicación oficial do centro. Enviarase por este medio.

Divino Maestro 2020