Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Proceso de admisión do alumnado curso 2020/21
INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE  ESCOLARIZACIÓN
 

 

 1 A 17 DE

FEBREIRO

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ORIXE PARA O ALUMNADO DE 4º DE ESO AO CENTRO ADSCRITO (IES EDUARDO PONDAL)     Deberase presentar no centro de orixe ou a través da aplicación admisionalumnado             (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A)    (SERÁ FACILITADO POLO CENTRO)

20 DE

FEBREIRO

XORNADA DE PORTAS ABERTAS ÁS 17:00 PARA AS FAMILIAS DO NOVO ALUMNADO (MOSTRARANSE AS INSTALACIÓNS E INFORMARASE DO PROXECTO DE CENTRO)
ATA O 1 DE MARZO PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES
12 DE MARZO XORNADA DE PORTAS ABERTAS ÁS 17:00 PARA AS FAMILIAS DO NOVO ALUMNADO (MOSTRARANSE AS INSTALACIÓNS E INFORMARASE DO PROXECTO DE CENTRO)

1 A 20 DE MARZO

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN (XUNTO COA FOTOCOPIA COTEXADA DO LIBRO DE FAMILIA OU DNI DO ALUMNO/A)

As solicitudes de admisión presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

A) Cubrindo os datos na aplicación e entregandoa no Centro co código xerado

B) Presentando a solicitude en Sede Electrónica desde a aplicación

Tamén se poderán presentar sen empregar a aplicación de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado (ED550B/Anexo II)

10 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIR DOS DOUS DÍAS SEGUINTES AO REMATE DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN

Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática. Os demáis documentos que acrediten puntuación débense entregar no Centro.

   
ATA O 25 DE ABRIL PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS (PRAZO DE RECLAMACIÓN DE 5 DÍAS HÁBILES)
ATA O 15 DE MAIO PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
DO 20 AO 30 DE XUÑO FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA
DO 25 DE XUÑO AO 10 DE XULLO FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE ESO

  Artigo 18. Cómputo de prazos

Para efectos de cumprir os trámites do procedemento de admisión e matrícula do alumnado, cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.

» Decreto 254_2012 do 13 de decembro
» Información as familias
» Orde 25 xaneiro 2017
» Orde do 12 de marzo de 2013
» zona escolarización
» Documentación para entregar coa solicitude
» Escolarización
» anexo II
Divino Maestro 2020