Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar 2020/21

No DOG do día 19 de maio de 2020 publícase a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

Prazo de presentación de solicitudes: 

  • Remata o 19 de xuño de 2020 (incluido)

 

Nota informativa: O Centro participa no proxecto de educación dixital (E-Dixgal) para 5º e 6º no curso 2020/21. O alumnado matriculado neses cursos está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto e poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na Orde.

 

Para máis información do citado, inclúese un enlace á web da consellería onde está publicada a convocatoria e un arquivo descargable dos anexos I (Formulario de solicitude) e anexo II  (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar) da Orde:

» Anexo I y II
Divino Maestro 2020