Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Orientación

Seguindo a lexislación vixente a labor orientadora debera propiciar os mecanismos e canles necesarios para o desenvolvemento  persoal, educativo e profesional dos alumnos a través dás axudas, provisións técnicas e os asesoramentos necesarios á labor docente. Ó efecto concíbese como un recurso necesario para a inclusión e para a mellora da intervención educativa a fin de que a atención á diversidade se realice dentro duns parámetros de auténtica calidade. 

Así á súa vez recollido no documento de referencia para orientación para os centros Divino Maestro, ponse en valor a función orientadora como “acompañamento respetuoso, estimulante e suxerinte que lles axude a desenvolver todas as súas posibilidades”.  

Cobra unha especial relevancia neste senso o conxunto da comunidade educativa (profesores, alumnos, familias, servizos externos, etc.) que, dende unha perspectiva de colaboración e axuda sistemática, deben asumir distintas responsabilidades no concernente ó desenvolvemento integral dos alumnos e alumnas, atendendo  por igual ás súas facetas persoal, ambiental ou académico-formativa (procesos de ensino-aprendizaxe). Ó respecto a orientación educativa deberá asesorar na posta a disposición da comunidade educativa dos medios ou recursos necesarios para garantir os principios de calidade e equidade dos sistemas educativos.  

  É polo cal as distintas actuacións do Departamento de orientación non se poden concibir illadamente, e si pola contra de xeito coordinado e asumido polo conxunto da comunidade educativa. Supón pois ó efecto valorar a natureza das accións e medidas a desenvolver, a identificación de responsabilidades e a súa imbricación na estrutura educativa, posibilitando en calquera caso unha toma de decisións axustada á realidade e ás necesidades que dunha resposta educativa individualizada se derivan.

Podemos pois a modo de liñas prioritarias de actuación identificar como ámbitos ou plans de acción en termos de programas específicos, os descritos nos apartados:

  • Plano de Inclusión e atención á Diversidade, servindo como marco referencial e en resposta as características e necesidades dos alumnos/as e tomando como referencia as programacións das aulas de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe.

 

  • Plano de Acción Titorial, colaborando na análise das necesidades do profesorado titor, potenciando accións relacionadas coa convivencia e a educación en valores ou posibilitando unha educación máis acorde cunha formación integral e personalizada. 

 

  • Plano de Orientación Académica, Aprendizaxe Permanente e Profesional, favorecendo liñas de actuación que propicien a transición no mundo da formación, aprendizaxe permanente e as distintas realidades e saídas socio- laborais.
Divino Maestro 2018