Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

DER

A formación relixiosa e moral católica pretende contribuir á formación integral do alumno, desenvolvendo especialmente a súa capacidade trascendente, facilitándolle unha proposta de sentido para a súa vida e iluminando o fundamento de aqueles valores comúns que fan posible unha convivencia libre, pacífica e solidaria.

Non podería existir unha formación integral se non se desenvolvesen todas as capacidades inherentes ao ser humán, entre as cales encontrase constitutivamente a capacidade transcedente. A ensinanza relixiosa pretende contribuir así á calidade da educación, coa proposta e desenvolvemento dos coñecementos, valores e actitudes que conforman o currículo.

O Departamento de enseñanza relixiosa do Colexio Divino Maestro nace a carón do Departamento de Pastoral, ofrecendo un sentido teolóxico-trascendente aos obxectivos, as liñas de acción e as actividades deste Departamento. Os profesores que forman parte deste Departamento son todos aqueles que imparten a materia nas etapas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.

OBXECTIVOS.

  1. Estudar pormenorizadamente o currículo de relixión e moral católica da Conferencia Episcopal Española do 24-02-2015; para visualizar unha sistematización de todos os contidos e o seu despregamento no desenvolvemento da materia de relixión en todas as etapas.
  2. Contrastar o currículo da materia de Relixión e Moral Católica da Conferencia Episcopal Española do 24-02-2015 cas nosas programacións de aula e libros de texto; contrastar, de seguido, se aparecen todos os obxectivos e contidos e secuenciar as actividades competenciais que que desempeñaremos na práctica docente según o novo currículo LOMCE.
  3. Secuenciar os contidos máis importantes e analizar como se distribuen ao longo das etapas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria. Esta secuenciación farase tendo en conta o novo currículo da LOMCE.
  4. Escoller as oracións e que máis se adecuen ao carisma de Xexús Divino Mestre e que incluiremos nas unidades didácticas; e, secuencialas dentro das etapas.
  5. Realizar e secuencia a formación relixiosa do profesorado organizandoa nun curso con carácter teolóxico de 10 horas de duración.

 

Divino Maestro 2018