Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS (ACTUALIZACIÓN CO VÍDEO)

O 12 de maio celébrase o DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS



Estimadas familias, o vindeiro martes 12 de maio celébrase o Día Escolar das Matemáticas e dende o colexio non queremos deixar pasar a ocasión de celebralo cos nosos alumnos.


Para elo pensamos nunha actividade sinxela que puideran levala a cabo todos os niveis educativos do centro: Educación Infantil, E.Primaria e ESO.

Partindo do máis básico das Matemáticas, os números, imos buscar un formado polas cifras máis persoais para cada un de nos: as cifras da nosa data de aniversario.
Por exemplo, se naciches o 7 de setembro do año 2005 poderías xogar coas cifras: 7, 9, 2, 0, 5. Poden estar ordenadas ou non, do dereito ou do revés.


O obxectivo e que fagades unha composición con ese número e enviedes unha fotografía, un vídeo, un debuxo... Podedes atopar os números en obxectos que estean por casa ou pola rúa, fotografalos, debuxalos, recortalos ou simplemente escribilos nun papel. Botádelle imaxinación!
Con todas as imaxes que nos enviedes montaremos un vídeo que compartiremos con todos vos a través da páxina web e das redes sociais do centro.


Animádeos a participar! Enviade as vosas imaxes antes do venres 15 de maio.


cienciasdivinomaestrosantiago@gmail.com


¡Tendes toda a semana para celebrar o día das Mates!

 

Mira xa o vídeo do Día Escolar das Matemáticas!

 



« Volver al listado
Divino Maestro 2024