Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Plurilingüísmo

O Proxecto Plurilingüe responde á decisión do Equipo Directivo e do Claustro de impulsar na práctica docente do centro o uso das linguas estranxeiras de forma que os nosos alumnos/as adquiran as destrezas necesarias para se comunicaren nelas de maneira efectiva e eficaz.

Este proxecto enmárcase dentro das recomendacións do Consello de Europa, que subliña o necesario que é o esforzo educativo para que as linguas se convirtan en “fonte de enriquecimento e comprensión mutuos”, co obxectivo de “fomentar a mobilidade en Europa, a comprensión mutua e a colaboración e vencer os prexuízos e a discriminación”. Nesta liña, a educación bilingüe “implica a utilización de ambas as linguas como vehículos para o ensino e a aprendizaxe noutras áreas de coñecemento”. Ademais do galego e do castelán, no noso centro, o inglés ensínase en todas as etapas (Infantil, Primaria e Secundaria) e os alumnos/as teñen tamén a oportunidade de aprender francés como segunda lingua en Secundaria.

O noso centro acolle o Plan PIPE (Plan Integral de Plurilingüísmo Educativo), programa no que tamén participan os auxiliares de conversa (presentes en todos os niveis educativos: Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria). Destacariamos de igual modo o desenvolvemento  de prácticas de alumnado internacional da U.S.C. (este curso, dúas alumnas de orixe estadounidense) que están elaboran  o Prácticum no noso colexio.

 Ademais, a  través de efemérides, visitas, proxectos, exposicións e outras actuacións, as linguas están moi presentes na vida cotiá do noso centro, de forma que os alumnos/as as entendan como unha oportunidade de comunicación e de enriquecimento cultural.

 

VIAXE INMERSIÓN OXFORD 2017-2018

En previsión da realización da viaxe de inmersión lingüistica en Oxford (Inglaterra) do noso alumnado, achegámoslles o documento informativo a ter en conta para a correcta organización e desenvolvemento da futura estancia en terras britanicas. 

Documento PDF

 

Convocatoria viaje inmersión 2016-2017 con destino a Broadstairs_SCQ 

Divino Maestro 2018