Galemociónate “Emociónate en galego. Emociónate cogalego”
O símbolo, o G en forma de cara cunsorrisoempregarase en todas os actos e actividades.
Este símbolo naceu para identificar o plan lingüístico centro cuatrianual 2015-2019 vertebrando todas as iniciativas de fomento e uso do galego desde o curso 2015-2016:“Galemociónate, emociónate cogalego, emociónate en galego” , como eixe central, fío condutorou elemento de conexión da acción dinamizadora do centro e de todas as actividades que se leven a cabo.
Ao principio do curso 2015-2016 encargouseunha chapa identificativa con ese fin: darlle protagonismo e visibilidade en todos os actos e actividades e , en definitiva, emocionarnos co idioma e úsalo.
Por iniciativa do Equipo de Normalización Lingüística puxemos en marcha dúas actividades engaiolantes no centro: Os GALEXOVES E UN FOTOCOL PARA FOTOGALEGUIZARNOS, para GALEMOCIONARNOS.
Para promocionar o galego e úsalo decote. Para que o galegosexa un referente cultural no centro, gañe vitalidade e para que se empregue como lingua vehicular habitual.
Para favorecer a participación na dinamización e a implicación do alumnado no compromiso e no esforzo particular e colectivo.
Para a protección e o fomento da lingua propia, por mor da situación de desvantaxe social e de abandono no uso que sofre en todos os ámbitos sociais e, especialmente, no ámbito familiar e do alumnado.
Co fin de pór en práctica algunha acción que favoreza o cambio lingüístico, o uso oral e habitual da lingua galega, concentrando na mesmaactividade plurianual este ano, cun día na semana no que se fale en galego e que chamaremos galexoves.
Ademais realizamos un fotocol como campaña de visualización do noso compromiso coa lingua.
Memoria do equipo de normalización e dinamización lingüística, descarga
Proxecto "En Galego Leo" con Paula Carballeira. Curso 2015/16