Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Departamentos

Departamento de Matemáticas

No departamento de matemáticas tratamos de idear estratexias que nos axuden a que o noso alumnado viva as matemáticas dende o contexto no que se desenvolven como persoas integrais, e acaden avaliación positiva, a través de:

  • Xestión de proxectos  para desenvolver na aula e de xeito transversal.
  • Uso da prensa, carteleiras e xogos para achegar a parte máis lúdica da área aos rapaces e rapazas e que temén se divirtan co uso das matemáticas
  • Desenvolver o programa “ENTUSIASMAT”, no que a través de procesos lúdico - pedagóxicos os alumnos e alumnas aprenden matemáticas mediante o xogo e a motivación cara o desfrute aprendendo matemáticas.
  • Realizar a planificación dos apoios de matemáticas, física e química e ciencias da natureza, tanto para os alumnos con necesidades de reforzo educativo como para o alumnado con éstas áreas pendentes de outros cursos.
  • Programar e fomentar o uso do xogo do xadrez como metodoxía que impulsa o pensamento lóxico-matemático.
  • Organizar o Día Escolar das Matemáticas.

Departamento de Linguas

                O Departamento de Lingua e Literatura Castelá está constiuído polos profesores de lingua castelá e literatura e polos profesores especialistas de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe do CPR plurilingüe Divino Maestro. O fundamento deste departamento céntrase na dimensión do proceso da aprendizaxe, na adquisición da competencia en comunicación lingüística para favorecer a comprensión e o desenvolvemento da aprendizaxe da lingua oral e escrita.

                É importante a colaboración interdisciplinar entre as diferentes linguas para levar a cabo un proxecto lingüístico común que permita o desenvolvemento do potencial expresivo e/ou comunicativo que reforce tanto o seu coñecemento como o seu uso.

Departamento de Linguas Estranxeiras

A adquisición dunha lingua diferente á materna trae consigo unhas repercusións sociais evidentes, convidando ó intercambio de ideas e experiencias de cooperación con falantes doutras comunidades, implicando a aproximación da cultura propia e meta para enriquecer todas as áreas e actividades que concernen ó ser humano. Esta promoción sociocultural e lingüística contribuirá á formación integral do noso alumnado e de persoas dentro dunha sociedade na que xamais se esquezan os valores cidadás.

Para acadalo, é imprescindible o traballo interdisciplinar dos departamentos das diferentes linguas e a colaboración e cooperación de todos os membros do equipo docente do departamento así coma de todas as etapas, acadando un proxecto común en base as linguas estranxeiras, que respecte as mesmas liñas de acción e os mesmos obxectivos.

Departamento de Normalización Lingüística

Dende o departamento quérese Conseguir que os alumnos/as sexan competentes na lingua galega e usala digna e normalmente,

Segundo un plan lingüístico axustado ás nosas posibilidades pero onde todas as actividades teñan un obxectivo normalizador moi ben definido e axustad oao contexto do centro.

 

 

 

Divino Maestro 2018