Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Familias

Plan de actuación FAMILIA_ESCOLA CODIMA

Na idea de seguir afondando nas liñas de acción encamiñadas ó fortalecemento das relacións familia-escola no noso centro educativo, recollemos no que segue as principais actuacións que de xeito sistemático se veñen desenvolvendo (algunhas das cales teñen una traxectoria moi consolidada) á procura de propiciar unha asunción compartida dos fitos pedagóxicos máis relevantes para o noso alumnado e a comunidade educativa.     

ACCIÓN DENOMINACIÓN

TIPOLOXÍA E DESTINATARIOS

DESCRIPCIÓN BREVE

ANO de INICIO

ESCOLA DE NAIS e PAIS CODIMA

FORMATIVA

[E.I., EPO, ESO]

Actividade periódica (convocatoria semanal de outubro a xuño) de formación e sensibilización destinada á capacitación das familias ó redor de cuestións prácticas e aplicadas á crianza dos seus fillos.

2007

TEMPOS de ESCOITA

FORMATIVA [CICLOS, ETAPAS]

Actividade formativa, concibida como un espazo de titoría colectiva, na que en ciclo ou etapa (normalmente unha ó trimestre) se traballa coas familias ó redor de temáticas ou problemáticas (normas e limites, adolescencia, roles e patróns de crianza, creatividade, intelixencias múltiples, educación emocional, etc).  

2011

ESPAZO de FORMACIÓN ABERTO

FORMATIVA COMUNIDADE EDUCATIVA

 En colaboración coa AMPA CODIMA, durante o curso organízanse distintos encontros, normalmente con axentes externos ou especialistas, a propósito de cuestións de orde educativo e interese para as familias (novas tecnoloxías, educación para o consumo, tdah, etc…)  

2013

ACCIÓN TITORIAL ABERTA

IMPLICACIÓN COMUNIDADE EDUCATIVA

Ó longo de curso académico promóvense nas distintas etapas secuencias ou actividades encamiñadas a dotar de presenza ás familias no espazo escolar participando das mesmas ou implicándoas no seu desenvolvemento (Divino Maestro_Patrón institucional, exposición-saída micolóxica, Samaín, Cea do Pobre, Festivais e actividades de Nadal, Día escolar pola Paz, Entroido, Campaña Misioneira, Letras Galegas, Fin de Curso…) 

Histórico

PROXECTOS DIDÁCTICOS de CENTRO E INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

IMPLICACIÓN COMUNIDADE EDUCATIVA

 Dende fai varios cursos o noso centro traballa nas diferentes etapas no desenvolvemento de proxectos didácticos por intelixencias múltiples   nos que de distintos xeitos se implica ás familias na secuencia didáctica (tarefas aula-fogar, saídas didácticas compartidas) ou na consolidación dos produtos finais (participando dos resultado dos proxectos tales como exposicións, roteiros…).     

2011

ACTIVIDADES PASTORAIS ABERTAS

PARTICIPACIÓN PASTORAL

É costume no centro convocar e incluír ás familias en distintas facetas ou actividades da axenda pastoral do centro (eucaristías e celebracións, actividades de sensibilización…) a fin de dar continuidade ás dinámicas de centro máis relevantes.

Histórico

DÍA DA FAMILIA

COMUNIDADE EDUCATIVA

Actividade singular no calendario de actos festivos do noso centro educativo no que se promove o encontro da comunidade escolar nun ambiente festivo e distendido. 

Histórico

 

FAMILIAS na AULA

IMPLICACIÓN COMUNIDADE EDUCATIVA

Incorporado como dinámica habitual nas aulas de infantil (como pretexto para traballar as distintas profesións), tense ampliado a presenza das familias ó resto de etapas nos últimos cursos, dentro do plan de acción titorial, para traballar as profesións, saberes ou coñecementos particulares,  gustos ou curiosidades singulares, etc.)

Histórico

 

TRÁNSITO EDUCATIVA

FORMATIVA       [FIN de ETAPA, EPO_ESO]

Na idea de acompañar ás familias nos momentos de tránsito educativo (particularmente no paso á etapa de educación secundaria e no tránsito á educación postobligatoria), a estratexia formativa e de sensibilización procura acomodar a expectativa das familias ás esixencias reais do tránsito nas distintas facetas académicas, vitais ou sociais.

2008

ANDAINA DIVINO MAESTRO

COMUNIDADE EDUCATIVA

Dinámica de presentación e apertura do centro ás familias de nova incorporación coincidindo coa súa escolarización no centro. Inclúe entrevista, xuntanza-reunión grupal e percorrido guiado polas instalacións e dependencias do centro.

2014

GRADUACIÓN CODIMA

COMUNIDADE EDUCATIVA_ESO

Acto singular e formal de despedida do ciclo académico do noso alumnado ó remate da súa escolarización secundaria.

Histórico

BLOGS E WEB CODIMA

COMUNIDADE EDUCATIVA

Espazo virtual de difusión e participación ó redor da práctica educativa do noso centro e as distintas secuencias didácticas.

http://www.bibliotecadivino.blogspot.com.es  

http://www. todolinguas.wordpress.com

2009

Divino Maestro 2018