Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Docente

FORMACIÓN DO PROFESORADO

O noso Centro aposta por unha metodoloxía activa na que o único protagonista é o alumno/a. Por iso desde hai uns anos apostamos polas Intelixencias Múltiples e unha educación por Proxectos de Comprensión cos que  se pretende axudar ao alumnado a organizar o seu pensamento favorecendo nel a reflexión, a crítica, a elaboración de hipóteses e a tarefa investigadora a través dun proceso no que cada un asume a responsabilidade da súa aprendizaxe, aplicando os seus coñecementos e habilidades a proxectos reais.

Tamén confiamos no traballo cooperativo como unha metodoloxía que permite desenvolver a capacidade de discusión, a comunicación, o intercambio de ideas, o respecto e comprensión das opinións alleas, a responsabilidade e a reflexión sobre as ideas propias.

Para poder levar a cabo estas metodoloxías  o profesorado realizou un Plan de Formación dirixido a aprender a súa posta en práctica, realizando cursos sobre as Intelixencias múltiples, entusiasmat, xadrez, proxectos de comprensión e traballo cooperativo, entre outros.

Incluímos neste punto a innovación dixital, por iso tamén participamos en diferentes cursos sobre a posta en marcha do libro dixital e o Proxecto Abalar ao que o noso centro pertence.

Atendemos as necesidades individuais polo que desde o Departamento de Orientación proponse cursos que poden axudar aos mestres a obter estratexias que lles axuden a poder chegar a todo o alumnado, entre outros un curso sobre o TDAH.

E continuamos formándonos xa que consideramos que esa é a forma de poder ofrecer unha educación de calidade, así que tratamos de participar en todos aqueles cursos que consideramos de interese para o noso estilo educativo, e para o beneficio dos nosos alumnos.

Divino Maestro 2018