Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Pastoral - Inicio

 

Lema pastoral

O lema pastoral do curso 2020-2021 é: Tú lo llenas todo (Ti en todo).

Pincha na imaxe para acceder ao vídeo musical.

 

 

ID Y ENSEÑAD

Nosotros le hemos visto y oído. Lo que hemos contemplado, lo que nuestras manos han tocado del Verbo de la Vida os testificamos, os anunciamos”

(1 Jn 1, 1-3; 2Cor 3,17-18).

 

Facebook, Twitter, Instagram, Snapchat… son nomes que hai non moito tempo nos sonarían a chinés, pero que hoxe forman parte de visitas virtuais cotiás. Se trátase de  redes sociais, que cada vez máis están presentes nas nosas vidas. É unha nova forma de relacionarnos que este mundiño de internet nos vai ofrecendo. Todo se enche de 'likes', followers e reproducións en YouTube.

No entanto nesta era da comunicación pódesenos colar un pouco a soidade. E non se nos pode esquecer que necesitamos dos outros para descubrir quen somos realmente. Pero non polos comentarios que poñamos, ou que nos poñan, senón por como nos relacionamos e como nos entendemos a nós mesmos.

Durante estes últimos anos a nosa actitude foi un deixarnos enchoupar por todos os lemas pastorais: escoitando a súa voz, achegándonos a El e sentindo que está en cada un de nós e en cada un dos que me rodean. Foi máis ben unha actitude estática, un encontro, unha experiencia chea de sorpresas que ano tras ano nos foron falando ao corazón. Pero chegou o momento no que debemos poñernos en movemento, dar un pulo adiante, ensinar na nosa escola valores do evanxeo para a construcción dun mundo mellor. Debemos saír, correr a toda présa para retuitear a súa mensaxe. Facela viral.

É o momento de botar as redes, de crear redes que conecten unhas con outras, de engancharse ao bo que ten a vida, debemos ser pescadores de boas maneiras, do bo facer, da construción dunha escola viva e que latexa pola construcción do Reino de Deus. Este curso tentaremos ter o corazón aceso co cariño aos demáis, de pasar pola vida retuiteando a mensaxe de Xesús, facéndoo viral. Cada quen forma parte diso, camiñando xuntos cara a unha meta común: unha escola de vida e para a vida.

Benvidos ao novo curso!!!

Elena Millán (Dpto. de Pastoral)

 

 

DER

A formación relixiosa e moral católica pretende contribuir á formación integral do alumno, desenvolvendo especialmente a súa capacidade trascendente, facilitándolle unha proposta de sentido para a súa vida e iluminando o fundamento de aqueles valores comúns que fan posible unha convivencia libre, pacífica e solidaria.

Non podería existir unha formación integral se non se desenvolvesen todas as capacidades inherentes ao ser humán, entre as cales encontrase constitutivamente a capacidade transcedente. A ensinanza relixiosa pretende contribuir así á calidade da educación, coa proposta e desenvolvemento dos coñecementos, valores e actitudes que conforman o currículo.

O Departamento de enseñanza relixiosa do Colexio Divino Maestro nace a carón do Departamento de Pastoral, ofrecendo un sentido teolóxico-trascendente aos obxectivos, as liñas de acción e as actividades deste Departamento. Os profesores que forman parte deste Departamento son todos aqueles que imparten a materia nas etapas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.

Obxectivos:

  • Estudar pormenorizadamente o currículo de relixión e moral católica da Conferencia Episcopal Española do 24-02-2015; para visualizar unha sistematización de todos os contidos e o seu despregamento no desenvolvemento da materia de relixión en todas as etapas.
  • Contrastar o currículo da materia de Relixión e Moral Católica da Conferencia Episcopal Española do 24-02-2015 cas nosas programacións de aula e libros de texto; contrastar, de seguido, se aparecen todos os obxectivos e contidos e secuenciar as actividades competenciais que que desempeñaremos na práctica docente según o novo currículo LOMCE.
  • Secuenciar os contidos máis importantes e analizar como se distribuen ao longo das etapas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria. Esta secuenciación farase tendo en conta o novo currículo da LOMCE.
  • Escoller as oracións e que máis se adecuen ao carisma de Xexús Divino Mestre e que incluiremos nas unidades didácticas; e, secuencialas dentro das etapas.
  • Realizar e secuencia a formación relixiosa do profesorado organizandoa nun curso con carácter teolóxico de 10 horas de duración.

 

 

Orientación

Seguindo a lexislación vixente a labor orientadora debera propiciar os mecanismos e canles necesarios para o desenvolvemento  persoal, educativo e profesional dos alumnos a través dás axudas, provisións técnicas e os asesoramentos necesarios á labor docente. Ó efecto concíbese como un recurso necesario para a inclusión e para a mellora da intervención educativa a fin de que a atención á diversidade se realice dentro duns parámetros de auténtica calidade. 

Así á súa vez recollido no documento de referencia para orientación para os centros Divino Maestro, ponse en valor a función orientadora como “acompañamento respetuoso, estimulante e suxerinte que lles axude a desenvolver todas as súas posibilidades”.  

Cobra unha especial relevancia neste senso o conxunto da comunidade educativa (profesores, alumnos, familias, servizos externos, etc.) que, dende unha perspectiva de colaboración e axuda sistemática, deben asumir distintas responsabilidades no concernente ó desenvolvemento integral dos alumnos e alumnas, atendendo  por igual ás súas facetas persoal, ambiental ou académico-formativa (procesos de ensino-aprendizaxe). Ó respecto a orientación educativa deberá asesorar na posta a disposición da comunidade educativa dos medios ou recursos necesarios para garantir os principios de calidade e equidade dos sistemas educativos.  

  É polo cal as distintas actuacións do Departamento de orientación non se poden concibir illadamente, e si pola contra de xeito coordinado e asumido polo conxunto da comunidade educativa. Supón pois ó efecto valorar a natureza das accións e medidas a desenvolver, a identificación de responsabilidades e a súa imbricación na estrutura educativa, posibilitando en calquera caso unha toma de decisións axustada á realidade e ás necesidades que dunha resposta educativa individualizada se derivan.

Podemos pois a modo de liñas prioritarias de actuación identificar como ámbitos ou plans de acción en termos de programas específicos, os descritos nos apartados:

  • Plano de Inclusión e atención á Diversidade, servindo como marco referencial e en resposta as características e necesidades dos alumnos/as e tomando como referencia as programacións das aulas de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe.
  • Plano de Acción Titorial, colaborando na análise das necesidades do profesorado titor, potenciando accións relacionadas coa convivencia e a educación en valores ou posibilitando unha educación máis acorde cunha formación integral e personalizada. 
  • Plano de Orientación Académica, Aprendizaxe Permanente e Profesional, favorecendo liñas de actuación que propicien a transición no mundo da formación, aprendizaxe permanente e as distintas realidades e saídas socio- laborais.

 

CURSO 2019-2020

  • Maio, mes dedicado á Virxe María

Descarga aquí uns recursos para infantil e primaria dedicados á Virxe María.

 

  • Semana Misioneira 2020

Misioneiro-Misioneira… ACTÍVATE!

                    

Como cada ano, a familia Divino Maestro Santiago, móstrase preto daquelas persoas
que máis o precisan. Neste caso, os nosos amigos e amigas de Venezuela.

Este país, está atravesando unha crise que fai que alimentos e medicamentos non
poidan chegar a moitas das casas.

Tanto a alimentación como as diferentes medicacións, fan que todas as persoas
teñamos calidade de vida e manteñamos a esperanza.

Dende aquí, podemos axudar de diferentes formas: unha delas é mostrando que
estamos con eles e elas, que lles damos ánimo, enviamos bonitos sorrisos e escribimos
mensaxes con palabras de cariño e alento.

Activádevos! Enviade, ao longo da semana, unha foto cunha mensaxe para todos os
nenos e nenas de Venezuela co 
#Actívate a esta dirección:

pastoral.divinomaestrosantiago@gmail.com

Que nos sintan ao seu carón, que saiban que estamos preto, que somos compañeiros e
compañeiras e desexamos o mellor para todos.

Xuntos sumamos. Xuntos formamos un bo equipo.

Xuntos alentamos a esperanza.

Preme aquí para ver unha presentación informativa sobre a Semana Misioneira 2020.

 

  • Teatro Misioneiro 2020

Como todos os cursos por estas datas o Grupo de Teatro Divino Maestro colabora coa Campaña Misoneira, realizando o que mellor sabe facer, ACTUAR,  e neste curso tivemos que adaptarnos ás novas circunstancias pero a nosa creatividade e imaxinación continúa en acción.

Aquí tedes a mostra, esperamos que vos guste o vídeo e gocedes un ano máis destes marabillosos artistas: preme aquí.

 

 

Divino Maestro 2020